Rexión de Atacama

Región de Atacama
Coat of arms of Atacama, Chile.svg Flag of Atacama, Chile.svg
Escudo Bandeira
Localización no Chile
Localización da Rexión de Atacama
Datos
Capital
 • Poboación
 • Coordenadas
Copiapó
125.983 (2002)
27°22′00″S, 70°19′56″O
Intendente
 • Provincias
Viviana Ireland
Chañaral
Copiapó
Huasco
Superficie
 • Total
 • % nacional
 • % agua
Fronteiras
Costas
4º posición
75.176,2 km²
10,08%
n/d

Poboación
 • Total
 • Densidade
12º posición
272.402 (est. 2006)
3,62 hab./km²
PIB (PPC)
 • Total
 • PIB per capita

US$ 3.138 millóns (1,85%)
US$ 11.519
Congresistas
 • Senado
 • Cámara dos Dep.

2 senadores
4 deputados
Códigos telefónicos +56-51, +56-52
Código ISO CL-AT
Goberno Rexional de Atacama

Atacama é unha das dezaseis rexións nas que se encontra dividido Chile. Limita ao norte coa Rexión de Antofagasta, ao sur coa Rexión de Coquimbo, ao leste coas provincias de Catamarca, La Rioja e San Juan da República Arxentina e ao oeste co Océano Pacífico. A súa capital, Copiapó está localizada a 806 km ao norte da capital de Chile, Santiago.

HistoriaEditar

 
Diego de Almagro toma posesión do reino de Chile no val de Copiapó.

Durante moitos anos, esta rexión estivo habitada por tribos dieguitas. O descubridor Diego de Almagro chegou ao val de Copiapó en 1536, dando inicio ao descubrimento de Chile.

Durante a colonia, foi coñecida como o límite setentrional do país. O 8 de decembro de 1744 fundouse a cidade de San Francisco de la Selva, hoxe en día Copiapó. En 1789 fundouse por orde do Gobernador Ambrosio O'Higgins, a cidade de Vallenar.

Xa durante o período da República, Juan Godoy descobre o mineral de prata de Chañarcillo en 1832. Grazas a este descubrimento Chile converteuse nun dos principais produtores deste metal no mundo que permite que poidese brotar a súa propia economía nacional. Para mellorar o transporte do mineral cara o exterior construíuse a primeira liña férrea do país, feita por William Wheelright, mercante mariño norteamericano, unindo a Copiapó con Caldera (1851). Co transcurso do tempo, Santiago, a capital de Chile, comeza a cobrar un imposto á minaría atacameña, dando comezo a un conflito bélico entre Atacama e Santiago, a Revolución de 1859. A pesar de que o bando rexionalista (Exército da revolución constituíntes de Atacama) foi derrotado na Batalla de Cerro Grande 1859, o conflito propiciou a fin da República Conservadora.

En 1916 comezou a explotación do chumbo en Potrerillos, forxando unha buliciosa cidade, que actualmente encóntrase deshabitada e que sobrevive basicamente dos restos da fundición dos minerais, agora explotados na mina de El Salvador.

División administrativa da RexiónEditar

A Rexión de Atacama, para efectos de goberno e administración interior, divídese en 3 provincias:

Provincia Área
en km2
Poboación Capital
Chañaral 24.436,2 32.132 Chañaral
Copiapó 32.538,5 155.713 Copiapó
Huasco 18.201,5 66.491 Vallenar

Para fins de administración local, as provincias subdivídense en 9 comunas.

 
Provincia Capital Comuna
Chañaral Chañaral 1 Chañaral
2 Diego de Almagro
Copiapó Copiapó 3 Caldera
4 Copiapó
5 Tierra Amarilla
Huasco Vallenar 6 Alto del Carmen
7 Freirina
8 Huasco
9 Vallenar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar