Provincia da Rioxa
| |||
Capital poboación (ano) |
A Rioxa 180.995 habitantes (2010) | ||
![]() | |||
Gobernador | Luis Beder Herrera (FPV-PJ) | ||
Superficie | 89.680 km² | ||
Poboación Densidade |
331.000 hab.(2010) 3,7 hab./km² | ||
Xentilicio | riojano/a |
A provincia da Rioxa[1] é unha das 23 provincias da Arxentina. Ten unha poboación de 331.847 habitantes (2010) e a súa capital é A Rioxa, onde se concentra a metade da poboación provincial.
Situada no noroeste do país, limita polo noroeste con Chile, polo oeste coa provincia de San Juan, polo sur con San Luis, polo leste con Córdoba e polo norte con Catamarca.
Con 89 680 km² que representa o 3,22% do territorio arxentino, na Rioxa predomina un relevo montañoso de escasa vexetación sen a presenza dun curso de auga permanente.
A súa economía susténtase a partir da agricultura baixo rego artificial, coa produción de vide e oliveiras principalmente, aínda que tamén creceu considerablemente o turismo nos últimos anos, sobresaíndo o Parque Nacional Talampaya, como principal atractivo.
NotasEditar
- ↑ Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 1816. ISBN 9788482893600.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Provincia da Rioxa |