Abbey Road

álbum de The Beatles

Abbey Road é o undécimo primeiro álbum de The Beatles, saíu o 26 de setembro de 1969 no Reino Unido (o 1 de outubro nos Estados Unidos) e foi o último álbum gravado polo grupo, aínda que Let It Be se publicou despois. Produciuno George Martin. Rolling Stone considérao o 14º mellor álbum de todos os tempos[1].

Abbey Road
Álbum de The Beatles
Publicado26 de setembro de 1969
GravaciónEMI Studios, Apple Studios, Trident Studios e Olympic Sound Studios, Londres (22 de xaneiro19 de agosto de 1969)
Duración47:02
Xénero(s)Música rock
Selo(s)Apple Records
Producido porGeorge Martin
Cronoloxía
Yellow Submarine Abbey Road Let It Be

Xénese editar

Despois das desastrosas sesións para facer un álbum denominado Get Back (posteriormente retitulado Let It Be), Paul McCartney suxeriu a George Martin facer un álbum como nos vellos tempos, libre dos conflitos que comezaran coas sesións para The White Album. Martin concordou, pero só coa condición de facelo ao seu xeito. As dúas caras do álbum son abondo diferentes, a cara A é unha colección de temas soltos mentres a cara B é unha suite longa de composicións, moitas delas relativamente curtas e seguidas, debido ao interese de John Lennon e McCartney por incorporar varios temas seus curtos e incompletos ao álbum.

As músicas editar

John Lennon editar

O tema que abre o álbum, Come Together, procede dunha canción que Lennon realizara en 1969 para a campaña de Timoth Leary para gobernador de California titulada "Let's Get It Together". "Come Together" saíu máis tarde como un single de dobre cara con Something de George Harrinson. Lennon foi, anos despois, demandado por Morris Levy por copiar a liña de apertura da canción de Chuck Berry, "You Can't Catch Me" .

"I Want You (She's So Heavy)", é unha combinación da gravación de dous temas, é a segunda canción máis longa dos Beatles con sete minutos e 47 segundos, despois de Revolution 9, tamén presenta un dos usos máis antigos do sintetizador Moog para crear ruído branco ou o efecto do vento ao final da composición.

Paul McCartney editar

Maxwell's Silver Hammer trata sobre un estudante de medicina que asasina cun martelo á súa moza. Oh! Darling é unha balada; mentres a gravaba, McCartney procurou gravar só unha vez ao día para manter a súa voz fresca.

Cancións editar

  1. "Come Together" – 4:20
  2. "Something" (George Harrison) – 3:03
  3. "Maxwell's Silver Hammer" – 3:27
  4. "Oh! Darling" – 3:26
  5. "Octopus's Garden" (Richard Starkey) – 2:51
  6. "I Want You (She's So Heavy)" – 7:47
  7. "Here Comes the Sun" (George Harrison) – 3:05
  8. "Because" – 2:45
  9. "You Never Give Me Your Money" – 4:02
  10. "Sun King" – 2:26
  11. "Mean Mr. Mustard" – 1:06
  12. "Polythene Pam" – 1:12
  13. "She Came in Through the Bathroom Window" – 1:57
  14. "Golden Slumbers" – 1:31
  15. "Carry That Weight" – 1:37
  16. "The End" – 2:19
  17. "Her Majesty" – 0:2

Gravación editar

  • "I Want You (She's So Heavy)". Primeiro día de gravación: 22 de febreiro de 1969 en Trident Studios. Escrita por John. Voz: John. Produtor: Glyn Johns, Chris Thomas, George Martin. Son: Barry Sheffield, Jeff Jarratt, Tony Clark, Geoff Emerick, Phil McDonald.
  • "Something". Primeiro día de gravación: 16 de abril de 1969. Estudio Abbey Road. Escrita por: George. Voz: George. Produtor: George Martin, Chris Thomas. Son: Jeff Jarratt, Glyn Johns, Phil McDonald, Geoff Emerick.
  • "Oh!" Darling ". Primeiro día de gravación: 20 de abril de 1969. Estudio de Abbey Road. Escrita por: Paul. Voz: Paul. Produtor: Chris Thomas, George Martin. Son: Jeff Jarratt, Phil McDonald.
  • "Octopus's Garden". Primeiro día de gravación: 26 de abril de 1969. Estudio de Abbey Road. Escrita por: Ringo. Voz: Ringo. Produtor: Chris Thomas, George Martin. Son: Jeff Jarratt, Phil McDonald.
  • "You Never Give Me Your Money." Primeiro día de gravación: 6 de maio de 1969. Olympic Studios. Escrita por: Paul. Voz: Paul. Produtor: George Martin. Son: Glyn Johns, Phil McDonald, Geoff Emerick.
  • "Her Majesty". Primeiro día de gravación: 2 de xullo de 1969. Estudio Abbey Road. Escrita por: Paul. Voz: Paul. Produtor: George Martin. Sound: Phil McDonald.
  • "Golden Slumbers" / "Carry That Weight." Primeiro día de gravación: 2 de xullo de 1969. Estudio Abbey Road. Escrita por: Paul. Voz: Paul. Produtor: George Martin. Son: Phil McDonald, Geoff Emerick.
  • "Here Comes the Sun". Primeiro día de gravación: 7 de xullo de 1969. Estudio Abbey Road. Escrita por: George. Voz: George. Produtor: George Martin. Son: Phil McDonald, Geoff Emerick.
  • "Maxwell's Silver Hammer." Primeiro día de gravación: 9 de xullo de 1969. Estudio Abbey Road. Escrita por: Paul. Voz: Paul. Produtor: George Martin. Son: Phil McDonald.
  • "Come Together". Primeiro día de gravación: 21 de xullo de 1969. Estudio Abbey Road. Escrita por John. Voz: John. Produtor: George Martin. Son: Geoff Emerick, Phil McDonald.
  • "The End". Primeiro día de gravación: 23 de xullo de 1969. Estudio Abbey Road. Escrita por: Paul. Voz: Paul. Produtor: George Martin. Son: Geoff Emerick, Phil McDonald.
  • "Sun King" / "Mean Mr. Mustard." Primeiro día de gravación: 24 de xullo de 1969. Estudio Abbey Road. Escrita por John. Voz: John. Produtor: George Martin. Son: Geoff Emerick, Phil McDonald.
  • "Polythene Pam" / "She Came in Through the Bathroom Window." Primeiro día de gravación: 25 de xullo de 1969. Estudio Abbey Road. Escrita por: John / Paul. Voz: John / Paul. Produtor: George Martin. Son: Geoff Emerick, Phil McDonald.
  • "Because." Primeiro día de gravación: 1 de agosto de 1969. Estudio Abbey Road. Escrita por John. Voz: John, Paul, George. Produtor: George Martin. Son: Geoff Emerick, Phil McDonald.

Notas editar

  1. "Rolling Stone - 500 Greatest Albums of All Time". Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2018. Consultado o 22 de xaneiro de 2013.