Paul McCartney
Sir James Paul McCartney, nado en Liverpool o 18 de xuño de 1942, é un músico e activista pro-dereitos dos animais.
Paul McCartney | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | James Paul McCartney |
Alcume | Percy "Thrills" Thrillington, Paul Ramon e Apollo C. Vermouth |
Nacemento | 18 de xuño de 1942 |
Lugar de nacemento | Liverpool |
Nacionalidade | Reino Unido |
Relixión | Deísmo |
Alma máter | Liverpool Institute High School for Boys e Liverpool Institute for Performing Arts |
Ocupación | guitarrista, cantautor, pintor, pianista, compositor de bandas sonoras, bass guitarist, letrista, artista discográfico, actor, guionista, produtor de cinema, batería, cantante, compositor e músico |
Pai | Jim McCartney |
Nai | Mary McCartney |
Cónxuxe | Linda McCartney e Heather Mills |
Fillos | Stella McCartney, Heather McCartney, Mary McCartney, James McCartney e Beatrice McCartney |
Irmáns | Mike McGear |
Coñecido por | Ram, Band on the Run, Maybe I'm Amazed e Band on the Run |
Premios | membro da Orde do Imperio Británico, Grammy á carreira artística, Pessoa do Ano MusiCares, Grammy Award for Best Historical Album, Salón da Fama do Rock, Óscar á mellor banda sonora, Genesis Award, Silver Clef Award, Premio Kennedy, Knight Bachelor, Polar Music Prize, Prêmio Gershwin, Prêmio Wolf de Artes, Gran Cruz da Orde El Sol do Perú, AAAS Fellow, Companion of Honour, Ordem al Mérito Docente y Cultural Gabriela Mistral, oficial da Lexión de Honor, honorary doctor of the Yale University, star on Hollywood Walk of Fame, Ordem do Sol, Orde do Imperio Británico e Ordem dos Companheiros de Honra |
Na rede | |
https://www.paulmccartney.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Comezou a súa carreira no mundo da música en 1957 cando se incorporou ao grupo The Quarry Men, liderado por John Lennon e que posteriormente pasaría a chamarse The Beatles. Xunto ao seu amigo Lennon, formou unha das máis exitosas parellas de compositores. Tras a disolución dos Beatles, McCartney continuou a súa andaina no mundo da música fundando o grupo Wings, xunto á súa muller Linda e o guitarrista Denny Laine, e posteriormente cunha igualmente exitosa carreira como solista.
Estímase que os Beatles venderon uns 600 millóns de copias dos seus álbums, encabezando as listas de músicos con maiores vendas, e McCartney en solitario uns 100 millóns, aproximadamente.
Xuntos cos seus compañeiros Beatles é Membro do Imperio Británico desde 1965, e desde 1997, xa en solitario, Sir. Os Beatles foron incluídos no Salón da Fama do Rock en 1988, Paul McCartney en 1999. En toda a súa traxectoria conta con numerosos premios, entre eles, 17 Grammys. "Yesterday" (unha composición Lennon/McCartney) é considerada a canción máis versionada da historia, cunhas 3.700 versións, e o seu tema con Wings, "Mull Of Kyntrae" é o sinxelo non benéfico máis vendido da historia[Cómpre referencia], con máis de 2.000.000 de copias. No ano 2010 confirmouse que McCartney contaría tamén coa súa estrela do Paseo da Fama.
No 2004, a revista Rolling Stone, colocou aos Beatles no número un da súa lista The Immortals:100 Greatest Artists of All-Time, e no 2008 a mesma revista situou a McCartney no undécimo posto da lista 100 Greatest Singers of All Time. É considerado por moitos como un dos grandes da música contemporánea.