Gordini
Gordini Type 16
Nome completo Simca-Gordini
Bandeira Francia
Baseada en Francia
Tempadas en activo 7 (1950-1956)
Número de pilotos
Debut Gran Premio de Mónaco de 1950
Carreiras 40
Campionatos de Construtores 0
Campionatos de Pilotos 0
Vitorias 0
Pole positions 0
Voltas Rápidas 0
Puntos totais
Derradeiro GP Gran Premio de Italia de 1956

Gordini é unha división de Renault Sport Technologies (Renault Sport.[1][2] Nun principio "Gordini" foi un fabricante de coches deportivos e un tuneador de coches, fundado en 1946 por Amédée Gordini, alcumado "Le Sorcier" (O Feiticeiro). Gordini converteuse nunha división de Renault en 1968 e de Renault Sport en 1976.[3]

Renault 8 Gordini
Renault Twingo RS Gordini

Historia

editar
 
1950 Simca Gordini T15s, como correu e se retirou nas 24 Horas de Le Mans de 1950 pilotado por José Froilán González e Juan Manuel Fangio

Amédée Gordini tuneou coches e competiu en carreiras de motor desde a década de 1930. Os seus resultados incitaron a Simca (o ensamblador francés de Fiat) para contratalo para o seu programa de automobilismo deportivo e para desenvolver os coches de estrada. A súa asociación continuou logo da segunda guerra mundial.[4]

En 1946, Gordini presentou os primeiros coches que levaban o seu nome, un monopraza con motor Fiat, pilotado por el e José Scaron, logrando varias vitorias. A finais da década de 1940, a compañía abriu un taller no Boulevard Victor en París, participando en carreiras de coches deportivos e carreiras de Grand Prix.[5] Gordini e Simca comezaron a diverxir en 1951 por mor de conflitos políticos.[4]

Gordini competiu na Fórmula Un de 1950 a 1956 (cun breve regreso en 1957 cun motor de oito cilindros), aínda que logrou un éxito importante na Fórmula 2 durante ese período.[5]

Despois de finalizar o seu programa na Fórmula Un, Gordini traballou con Renault como preparador de motores, os coches presentáronse como Renault-Gordini nas 24 Horas de Le Mans entre 1962 e 1969. Logo disto, Gordini retirouse e vendeu a súa empresa a Renault. Tamén preparou os motores de Alpine, un fabricante de automóbiles deportivo rival tamén asociado con Renault. En 1957, Gordini e Renault fabricaron o Dauphine Gordini, unha versión modificada do Renault Dauphine, que era un éxito de vendas.[6] Os coches Renault tuneados por Gordini tamén gañaron varios rallies durante os anos 50 e os anos 60.[7] En 1963, a compañía Gordini planeaba trasladar a súa sede a Noisy-le-Roi. A finais de 1968, Gordini retirouse e vendeu unha participación maioritaria do 70% da súa firma a Renault.[8] Renault -Gordini trasladouse a Viry-Châtillon en 1969 e converteuse nunha división deportiva de Renault, antes de fusionala con Alpine para formar Renault Sport en 1976.[3] O 1 de xaneiro de 1976, René Vuaillat converteuse en director de Gordini. O nome de Gordini comprouno Renault na súa totalidade en 1977.[8]

Renault vendeu versións de alto rendemento co distintivo Gordini dos modelos, Renault Dauphine, Renault 5, Renault 8 e Renault 12 e o Renault 17.

En novembro de 2009, Renault anunciou que resucitaría o nome de Gordini para unha liña exclusiva de Hot hatch é un xeito similar ao renacemento do nome Abarth en Fiat.[9]| Os modelos modernos que levan o nome inclúen o Renault Twingo e o Renault Clio.

Resultados na Fórmula Un

editar

(Clave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Chasis Motor Piloto 1 2 3 4 5 6 7 8 9
1950 Simca Gordini Type 15 Gordini 4 en liña RU MON 500 SUI BEL FRA ITA
  Robert Manzon Ret 4 Ret
  Maurice Trintignant Ret Ret
1951 Simca Gordini Type 15 Gordini 4 en liña SUI 500 BEL FRA RU ALE ITA ESP
  André Simon Ret Ret 6 Ret
  Robert Manzon Ret 7 Ret 9
  Maurice Trintignant Ret Ret Ret Ret
  Aldo Gordini Ret
1952 Gordini Type 16 Gordini 6 en liña SUI 500 BEL FRA RU ALE NED ITA
  Robert Manzon Ret 3 4 Ret Ret 5 14
  Jean Behra 3 Ret 7 5 Ret Ret
  Johnny Claes 8
  Prince Bira Ret 11
  Maurice Trintignant Ret Ret 6 Ret
Simca Gordini Type 15 Simca 4 en liña   Max de Terra Ret
Gordini 4 en liña   Prince Bira Ret 10
  Johnny Claes Ret 14 NSC
  Robert O'Brien NC
  Maurice Trintignant 5
  Paul Frère Ret
1953 Gordini Type 16 Gordini 6 en liña ARX 500 NED BEL FRA RU ALE SUI ITA
  Jean Behra 6 Ret 10 Ret Ret Ret
  Maurice Trintignant 7† 6 5 Ret Ret Ret Ret 5
  Harry Schell 7† Ret 7 Ret Ret Ret 9
  Robert Manzon Ret
  Carlos Menditeguy Ret
  Roberto Mieres NC Ret 6
  Fred Wacker 9
Simca Gordini Type 15 Gordini 4 en liña   Pablo Birger Ret
  Georges Berger Ret
1954 Gordini Type 16 Gordini 6 en liña ARX 500 BEL FRA RU ALE SUI ITA ESP
  Jean Behra DSC Ret 6 Ret 10 Ret Ret Ret
  Élie Bayol 5
  Roger Loyer Ret
  Paul Frère Ret Ret Ret
  André Pilette 5 9 Ret
  Jacques Pollet Ret Ret
  Georges Berger Ret
  Clemar Bucci Ret Ret Ret Ret
  Fred Wacker Ret 6
1955 Gordini Type 16 Gordini 6 en liña ARX MON 500 BEL NED RU ITA
  Élie Bayol Ret Ret
  Jesús Iglesias Ret
  Pablo Birger Ret
  Robert Manzon Ret Ret Ret
  Jacques Pollet 7 10 Ret
  Hernando da Silva Ramos 8 Ret Ret
  Mike Sparken 7
  Jean Lucas Ret
1956 Gordini Type 32 Gordini 8 en liña ARX MON 500 BEL FRA RU ALE ITA
  André Pilette 6† NTS
  Élie Bayol 6†
  Robert Manzon 9 9 Ret Ret
  Hernando da Silva Ramos 8 Ret Ret
  André Milhoux Ret
Gordini Type 16 Gordini 6 en liña   Hernando da Silva Ramos 5
  Robert Manzon Ret
  André Pilette 11
  André Simon 9

(† indican unidades compartidas)

  1. "Renault revives Gordini". renault.com (en inglés). 21 de maio de 2012. Archived from the original on 21 de maio de 2012. Consultado o 16 de novembro de 2013. 
  2. "Renault Sport range". renault.com (en inglés). 10 de marzo de 2009. Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2014. Consultado o 15 de novembro de 2013. 
  3. 3,0 3,1 Smith, Roy P (2010). "The Winds of Change: 1974–1979". Alpine Renault: – The fabulous berlinettes. Veloce Publishing. pp. 180–181. ISBN 978-1-845844-04-2. 
  4. 4,0 4,1 Lawrence, Mike (1996). "Gordini". A to Z of Sports Cars, 1945–1990. A to Z. Motorbooks International. ISBN 1-870979-81-8. 
  5. 5,0 5,1 "Constructors: Gordini (Equipe Gordini)". Grandprix.com. Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2013. Consultado o 15 de novembro de 2013. 
  6. "Gordini" (PDF). Renault. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de setembro de 2011. Consultado o 15 de novembro de 2013. 
  7. "Renault Manufacturer Profile & Rally History". Rallye-info.com. Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2013. Consultado o 24 de febreiro de 2013. 
  8. 8,0 8,1 Smith, Roy (2008). "Gordini the name on the engine". Alpine and Renault: The Development of the Revolutionary Turbo F1 Car 1968–1979. Veloce Publishing. pp. 38–39. ISBN 978-1-84584-226-0. 
  9. Joseph, Noah (10 de novembro de 2009). "Renault revives the Gordini name for exclusive line of hot hatches [w/VIDEO]". autoblog.com (en inglés). Consultado o 24 de outubro de 2023. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar