Juan Jover Sañés
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade España España
Anos en activo 1951
Escudería(s) Maserati privado
Grandes Premios disputados 1 (0 saídas)
Campionatos 0
Vitorias 0
Podios 0
Pole positions 0
Voltas rápidas 0
Primeiro GP Gran Premio de España de 1951
Derradeiro GP Gran Premio de España de 1951


Juan Jover Sañés, nado en Barcelona o 23 de novembro de 1903 e finado preto de Sitges o 28 de xuño de 1960 foi un piloto de carreiras catalán. Con Francisco Godia, Jover foi o primeiro piloto español en competir na Fórmula Un.[1]

Traxectoria editar

Jover correu para Scuderia Milano - Maserati no Gran Premio de Bari de 1947, onde terminou sexto,[2] e no Gran Premio de Albi de 1948, onde chegou sétimo.[3] Logo terminou segundo nas 24 Horas de Le Mans de 1949 con Henri Louveau.[4]

Na tempada de 1951 participou no Gran Premio de España de 1951 de Fórmula Un, cualificacou 18º, pero non comezou a carreira logo de que o seu motor rebentara.[5]

Jover cambiou as hillclimbing, e tamén as carreiras de resistencia coa Scuderia Pegaso. Sufriu graves feridas na perna esquerda cando se estrelou co seu Pegaso Z-102 durante as probas para as 24 Horas de Le Mans de 1953, pero volveu as hillclimbing en xuño de 1954.[6] En 1957, gañou o Gran Premio de Barajas nun Maserati 200S, e ao ano seguinte gañou La Rabassada hillclimb, pilotando un Mercedes-Benz 300SL.

Jover morreu nun accidente de tráfico en 1960, cando o seu convertible saíuse da estrada e caeu por un cantil preto de Sitges en Cataluña.

Resultado completos na Fórmula Un editar

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 Pos. Puntos
1951 Scuderia Milano Maserati 4CLT/48 Maserati 4 en liña SUI 500 BEL FRA GBR ALE ITA ESP
NTS
NC 0

Notas editar

  1. "Take 12 Spaniards - a nation's racing history". formula1.com. April 2008. Consultado o 18 novembro 2010. 
  2. "I Bari Grand Prix". silhouet.com. Consultado o 18 November 2010. 
  3. "X Grand Prix de l'Albigeois". silhouet.com. Consultado o 18 November 2010. 
  4. "17èmes Grand Prix d'Endurance les 24 Heures du Mans 1949". experiencelemans.com. Consultado o 18 novembro 2010. 
  5. "Grand Prix results: Spanish GP, 1951". grandprix.com. Consultado o 18 novembro 2010. 
  6. "An 'original' design...". Autosport. Summer 2001. Consultado o 18 novembro 2010.