Cabriolé
Un cabriolé[1] (tamén chamado convertible[2][3] ou spider para os modelos italianos) é un tipo de carrozaría de automóbil sen teito ou cuxo teito pode ou ben quitarse ou ben pregarse e gardarse no maleteiro. Este teito, denominado capota, pode ser de vinilo, tea, plástico ou de metal; popularmente chámase cabrio e en ocasións denomínase erróneamente cupé debido á mercadotecnia que levaron a cabo os fabricantes de automóbiles cando comezaron a xuntar as denominacións cupé-cabriolet para referirse aos convertibeis conformados con teito metálico. Practicamente todos os convertibeis teñen dúas portas laterais, debido a que as aperturas máis grandes causarían problemas estruturais no chasis.
HistoriaEditar
Ao principio do século XX o cabriolé foi o deseño por omisión. Non foi senón ata 1910 que Cadillac introduciu o primeiro automóbil de deseño pechado. Unha combinación de motores débiles e a percepción de que un automóbil así deseñado asemellábase a un vagón, derivou en que os automóbiles de teito metálico non tivesen moita demanda nese tempo. Ata mediados dos anos vinte, os convertibeis foron os vehículos máis vendidos, xa que a súa construción, por entón máis sinxela que os "sedán" de carrozaría pechada, permitían unha maior facilidade técnica na súa construción e un prezo máis axustado aos "petos" da época. Máis tarde, os convertibeis fabricáronse con menos frecuencia, posiblemente debido a unha combinación de factores, entre eles, unha esixencia do goberno dos Estados Unidos, a mediados dos anos 70, para incrementar a seguridade en caso de envorco, o que fixo dubidar aos fabricantes sobre a súa venda ante tales restricións. Nesa década, o modelo xa case desaparecera e, en 1976, o Cadillac Eldorado foi publicitado como "O último cabriolé de Estados Unidos". Durante este período de baixa produción de convertibeis, o modelo T-top converteuse nunha alternativa popular aos convertibeis, especialmente nos chamados muscle car. Noutras partes do mundo, Europa, en particular, a produción de convertibeis foi continua, con varios modelos destacados.
Non foi ata a década de 1980 que regresaron os convertibeis ao mercado estadounidense, alcanzando a súa reconsolidación no gusto da xente co Mazda MX-5, na década de 1990. Aínda en 2007, a maior parte dos fabricantes de automóbiles ofrecen modelos convertibeis. Outro caso de cabriolé é o Ford Galaxie, fabricado en 1966 e un dos seus exemplares, foi obsequiado ao Goberno de Chile, pola Raíña Isabel II de Inglaterra durante unha visita oficial a Chile.
RoadsterEditar
Un automóbil deportivo bipraza con carrozaría cabriolé adóitase denominar Roadster. Son xeralmente moi lixeiros e de tracción traseira. O termo provén do inglés, e utilizábase para describir aos antigos deportivos convertibeis, que dispoñían de dúas prazas e un asento pregable para outras dúas persoas aloxado no maleteiro. Nalgúns modelos antigos non existía capota algunha, senón que o automóbil sempre quedaba ao aire libre e non había portelos laterais. O Jaguar XK ten as características do típico roadster inglés. Coa crise do petróleo da década de 1970, os deportivos diminuíron as súas vendas e os roadsters desapareceron. En 1989, a marca xaponesa Mazda reinventou o roadster co seu MX-5.
Os fabricantes italianos como Alfa Romeo, Fiat e Ferrari designan este tipo de carrocería como Spider (ou Spyder). Os alemáns adoitan chamalos Speedster e un coche clásico alemán que usa esta terminoloxía lingüística viría ser o Porsche 356 Speedster. Os termos Spider e Speedster son moi comúns en certas rexións.
Cabe sinalar que existe unha versión da orixe do nome "spider" que se remonta a un tipo de pequeno carruaxe de cabalos chamado Sulky do século XIX popular nos Estados Unidos, moi lixeiro, dunha soa banqueta, dotado dunhas béstas grandes e moi flexibles que aportaban unha confortable comodidade aos viaxeiros. As enormes rodas que tiña conferíanlle un aspecto estraño. Unha dama bautizouno enseguida: parece un "spider" (araña en inglés).
Teito targa (Targa Top)Editar
O Targa Top, tamén coñecido como o Surrey Top, é un tipo de carrozaría semicabriolé de automóbil, trátase dunha carrozaría aberta que dispón dunha barra de protección en caso de accidentes (a miúdo moi ancha), unha fiestra traseira fixa ou desmontable e unha sección do teito entre o parabrisas e a barra de protección que pode desmontarse con facilidade.
O nome "targa" popularizouse coa introdución do Porsche 911 Targa de 1965, aínda que o primeiro coche de produción deste tipo foi lanzado realmente cinco anos antes e foi o Triumph TR4 en 1961, que o ofrecía como opción e comunmente coñecido como un "Surrey Top". Tamén foi utilizado nos Saab Catherina de 1964. O nome targa foi adoptado por Porsche na carreira de Targa Florio na cal competiron.
Open Air (Open Top - Rag Top)Editar
O Open Air é un tipo de carrozaría semicabriolé, conformada por un teito de lona ou vidro removible. Unha característica deste tipo de carrozarías é que só a parte superior do automóbil pode ser desmontada ou pregada ademais que os vidros laterais e traseiros nalgúns casos non poden desmontarse. É o caso do Citroën C3 Pluriel, Volkswagen Polo e o Renault Twingo.
GaleríaEditar
Coche aberto e roadsterEditar
Ford Model T circa 1925, con mínima protección contra as inclemencias do tempo
Bentley 4½ Litre 1929 con complementos de luxo e pantallas laterais de parafuso
Ford Phaeton 1934 coche aberto de catro portas
MG TD circa 1953, con teito brando manual, pantallas laterais desmontables manualmente con ventás de plástico transparente e ventá traseira de Polimetilmetacrilato.
1955 Porsche 550 Spyder
ConvertiblesEditar
Nash Rambler Convertible "Landau" Coupe circa 1950 de perfil ríxido fixo
Jaguar XK circa 2008, con ventá traseira de vidro calefactable e parte superior de tela totalmente automática con lona ríxida que se oculta integramente.
Mercedes SL 1964, dispoñible cun teito duro desmontable.
Lincoln Continental circa 1962, catro portas con teito de funcionamiento integral automático autoalmacenable
Jaguar E-type 1963, con teito de vinilo pregable
Cadillac Eldorado 1972, con teito de lona desmontable
Citroen 2CV circa 1975, con teito abatible e portas ríxidas
Rolls Royce Corniche circa 1986, unha marca de prestixio de alta gama cunha cuberta de lona instalada manualmente
Cadillac Allanté circa 1993, cunha cuberta de plástico ríxida desmontable, construída en Italia por Pininfarina, 56 corpos completos trasladáronse aos Estados Unidos á vez, nun Boeing 747 especialmente equipado para o seu ensamblaxe final en Hamtramck, Michigan.[4]
Volkswagen New Beetle circa 2003, con capota convertible de tea con forro interior, unha capa de illamento acústico e ventá traseira de vidrio calefactable
Porsche Boxster circa 2004, con parabrisas de plástico transparente desmontable e unha parte superior doblada en Z, elevable automaticamente en 12 segundos[5] tun teito duro opcional de 23 kg. (non se mostra)
Citroën C3 Pluriel circa 2007, un convertible multiconfigurable con teito téxtil enrolable e barras laterais ríxidas extraíbles
A Fiat 500 (2007) convertible de perfil ríxido fixo
1966 Rolls-Royce Phantom V landaulet
Mercedes-Benz 300d landaulet en funcionamento
Teito ríxido retráctilEditar
Mazda Miata Power Retractable Hard Top (PRHT) circa 2007, con un teito duro de Policarbonato de 35 kg. e capacidade de carga idéntica á versión de teito brando[6]
Cadillac XLR circa 2007, con teito duro de aluminio totalmente retraible (é dicir, lixeiro) oculto por unha cuberta de lona autoalmacenable, o teito duro fabricouno unha empresa conxunta de provedores de Mercedes- Benz e Porsche[7]
Daihatsu Copen circa 2001 con teito duro retraible, que se clasifica para a clase xaponesa ultra compacta kei
Ford Focus CC circa 2006 co teito retraído, o seu montaxe final realizado por Pininfarina
Chevrolet SSR circa 2004, unha camioneta con teito duro retráctil, a súa parte superior deseñada por American Specialty Cars
Volkswagen Eos circa 2007, a parte superior de cinco segmentos presenta un teito solar deslizante independente, feito por OASys
NotasEditar
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Cabriolé.
- ↑ Gran Dicionario Xerais da Lingua (Xerais, 2009).
- ↑ Superdicionario Castelán-Galego (Morgante, 2011).
- ↑ Schuon, Marshall (19 de abril de 1987). "The few, the rich, Pininfarina". The New York Times. Consultado o 6 de marzo de 2011.
- ↑ "2007 Porsche Boxster news, pictures, and information". Conceptcarz.com. Consultado o 6 de marzo de 2011.
- ↑ Vaughn, Mark (10 de setembro de 2006). "2007 Mazda MX-5 Miata Power Retractable Hardtop". Autoweek. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2011. Consultado o 6 de marzo de 2011.
- ↑ Keebler, Jack (agosto 2002). "2004 Cadillac XLR". Motor Trend. Arquivado dende o orixinal o 28 de abril de 2012. Consultado o 6 de marzo de 2011.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cabriolé |