Toulo de Graffenried

(Redirección desde «Emmanuel de Graffenried»)

Emmanuel 'Toulo' de Graffenried, nado en París o 18 de maio de 1914 e finado en Lonay (Suíza) o 22 de xaneiro de 2007, foi un piloto de carreiras suízo. Participou en 23 Grandes Premios do Campionato Mundial, debutou o 13 de maio de 1950, e anotou un total de nove puntos no campionato. Tamén participou en numerosas carreiras de Fórmula Un fóra de campionato.[1]

Infotaula de personaToulo de Graffenried

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de maio de 1914 Editar o valor en Wikidata
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte22 de xaneiro de 2007 Editar o valor en Wikidata (92 anos)
Lonay, Suíza (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia
Suíza Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de automobilismo , piloto de Fórmula Un Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo Vehículo empregado
-Alfa Romeo F1 Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0208644 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Graffenried comezou a súa carreira deportiva en 1936, ao volante do seu propio Maserati. Algúns dos seus resultados máis memorables foron na súa pista local: o circuíto urbano de lastras de Bremgarten preto de Berna. Gañou o Gran Premio do Reino Unido de 1949,[2] un ano antes de comezar o Campionato Mundial da FIA. Nese ano inaugural de Graffenried disputou cinco das sete carreiras da tempada, con resultados mixtos. Continuou pilotando en carreiras ocasionais durante os seguintes seis anos, o seu mellor resultado foi o cuarto lugar no Gran Premio de Bélxica de 1953.[3]

Logo da súa retirada da competición, Graffenried montou un concesionario de coches en Lausanne, con automóbiles Alfa Romeo, Rolls-Royce e Ferrari. Tamén actuou como dobre especialista de Kirk Douglas durante a rodaxe de The Racers. Máis tarde, converteuse nunha figura habitual nos acontecementos da Fórmula Un durante os anos 1970 e 1980 como embaixador corporativo para a marca de cigarros Phillip Morris Marlboro.

En recoñecemento da súa vitoria no primeiro Gran Premio do Reino Unido, Graffenried fixo a súa última aparición ao volante dun coche de carreiras durante as celebracións en 1998 do 50 aniversario de Silverstone aos 84 anos de idade.

Resultados completos na Fórmula Un

editar

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Pos. Puntos
1950 Enrico Platé Maserati 4CLT/48 Maserati 4 en liña GBR
Ret
MON
Ret
500 SUI
6
BEL FRA ITA
6
NC 0
1951 SA Alfa Romeo Alfa Romeo 159 Alfa Romeo 8 en liña SUI
5
500 BEL ITA
Ret
ESP
6
16º 2
Enrico Platé Maserati 4CLT/48 Maserati 4 en liña FRA
Ret
GBR ALE
Ret
1952 Enrico Platé Maserati-Platé 4CLT Maserati 4 en liña SUI
6
500 BEL FRA
Ret
GBR
19
ALE NED ITA
NSC
NC 0
1953 Baron de Graffenried Maserati A6GCM Maserati 6 en liña ARX 500 NED
5
BEL
4
FRA
7
GBR
Ret
ALE
5
SUI
Ret
ITA
Ret
7
1954 Baron de Graffenried Maserati A6GCM/250F Maserati 6 en liña ARX
8
500 BEL FRA GBR ALE SUI ITA ESP
Ret
NC 0
1956 Scuderia Centro Sud Maserati 250F Maserati 6 en liña ARX MON 500 BEL FRA GBR ALE ITA
7
NC 0
  1. "The Formula One Archives". Consultado o 2007-08-04. 
  2. "II British Grand Prix 1949". silhouet.com. Consultado o abril 16, 2014. 
  3. "XIV Grand Prix de Belgique". silhouet.com. Consultado o April 16, 2014. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar

Bibliografía

editar