Chico Landi
Chico Landi | |
Carreira na Fórmula 1 | |
Nacionalidade | ![]() |
---|---|
Anos en activo | 5 (1951 – 1953, 1956) |
Escudería(s) | Maserati inc. como privado; Ferrari privado |
Grandes Premios disputados | 6 |
Campionatos | 0 |
Vitorias | 0 |
Podios | 0 |
Pole positions | 0 |
Voltas rápidas | 0 |
Primeiro GP | Gran Premio de Italia de 1951 |
Derradeiro GP | Gran Premio da Arxentina de 1956 |
Francisco Sacco Landi nado en São Paulo o 14 de xullo de 1907 e finado o 7 de xuño de 1989, coñecido como Chico, foi un piloto de carreiras do Brasil. Participou en seis Grandes Premios do Campionato Mundial de Fórmula 1, debutou o 16 de setembro de 1951. anotou un total de 1´5 puntos de campionato, logrados polo seu cuarto lugar no Gran Premio da Arxentina de 1956, nunha unidade que compartiu con Gerino Gerini.
Historia Editar
Landi procedía dunha modesta familia de clase media, e chegou ás carreiras grazas á posesión dun garaxe. Xunto co adiñeirado fillo dun diplomático Manuel de Teffé, popularizou as carreiras de motor no Brasil a finais dos anos trinta. Landi deixara a escola ós once anos para traballar como mecánico, e máis tarde empezou nás carreiras de rúa ilegais polas noites, onde tivo frecuentes enfrontamentos coa policía.[1] En 1934 fixo a súa debut nas carreiras, no segundo Gran Premio de Río de 1934. Liderou ata oito voltas da meta, cando o seu motor fallou.[2] Foi o piloto brasileiro máis popular do seu tempo, xa que moitos consideraban a Teffé un expatriado rico en lugar dun brasileiro puro, xa que comezara a súa andaina nas carreiras cando vivía en Italia. Irineu Corrêa, quen terminou gañando o Gran Premio de Río de 1934, morreu nun accidente na primeira volta do ano seguinte, deixando a Landi como o mestre indiscutible das carreiras de preguerra no Brasil. Landi competiu no estranxeiro en 1938, terminando oitavo en Berna, no que xeralmente se considerase a primeira participación dun brasileiro nun Gran Premio (Teffé correra no estranxeiro antes, pero considérase un italiano con pais brasileiros).[3] Landi's first Brazilian GP victory came at the 1941 Rio de Janeiro Grand Prix.[2]
Landi foi o primeiro piloto brasileiro en gañar unha carreira de Gran Premio, levando a un Ferrari á vitoria no Gran Premio de Bari en 1948.[4] Ese ano disputouse coás regulacións da Fórmula Dúas. Tamén acabou segundo na carreira fóra de campionato de 1952 do Gran Premio de Albi nun Ferrari 375.[4]
Landi tamén gañou en 1960 as Mil Millas do Brasil nun Alfa Romeo JK 2000, xunto con Christian "Bino" Heins. Esta foi a primeira vez que un automóbil de fabricación brasileira gañou esta prestixiosa carreira, en lugar do estadounidense "Carretera" special.[5]
Resultados completos na Fórmula Un Editar
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1951 | Escuderia Bandeirantes | Maserati 4CLT/48 | Maserati 4 en liña | SUI | 500 | BEL | FRA | GBR | ALE NCG |
ESP NCG |
NC | 0 | ||
Francisco Landi | Ferrari 375/50 | Ferrari V12 | ITA Ret |
|||||||||||
1952 | Escuderia Bandeirantes | Maserati A6GCM | Maserati 6 en liña | SUI | 500 | BEL | FRA NCG |
GBR | ALE | NED 9* |
ITA 8 |
NC | 0 | |
1953 | Escuderia Bandeirantes | Maserati A6GCM | Maserati 6 en liña | ARX | 500 | NED | BEL | FRA | GBR | ALE | SUI Ret |
NC | 0 | |
Scuderia Milano | ITA Ret | |||||||||||||
1956 | Officine Alfieri Maserati | Maserati 250F | Maserati 6 en liña | ARX 4* |
MON | 500 | BEL | FRA | GBR | ALE | ITA | 25º | 1.5 |
- * Indica unidade compartida
Notas Editar
- ↑ Wolfe, Joel (2010). Autos and Progress: The Brazilian search for Modernity. New York City: Oxford UP. pp. 99–100. ISBN 978-0-19-517456-4.
- ↑ 2,0 2,1 Wolfe, p. 101
- ↑ Wolfe, p. 231 (footnote)
- ↑ 4,0 4,1 Small, Steve (1994). The Guinness Complete Grand Prix Who's Who. Guinness Publishing. p. 218. ISBN 0851127029.
- ↑ Serapicos, Mário (1983-02-11). Kfouri, Juca, ed. "Uma tradição de 27 anos" [A 27-year tradition]. Placar (en Portuguese) (Editora Abril) (664): 64.
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Chico Landi |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |