Sabadell
Coordenadas: 41°32′54.93″N 2°6′27″L / 41.5485917, -2.10750
Sabadell[2] (en catalán pronunciado [səβəˈðeʎ]) é un concello e cidade española da provincia de Barcelona, na comunidade autónoma de Cataluña. Tamén é a capital, xuntamente con Terrassa, da comarca do Vallès Occidental.
Sabadell | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|
| ||||||
Localización | ||||||
País | ![]() | |||||
Comunidade autónoma | ![]() | |||||
Provincia | Barcelona | |||||
Comarca | Vallès Occidental | |||||
Xeografía | ||||||
Altitude | 190 msnm | |||||
Superficie | 37,89 km² | |||||
Demografía | ||||||
Poboación | 207.338 hab. (2010) | |||||
Densidade | 5.472,1 hab/km² | |||||
Xentilicio | Sabadellenco, sabadellenca[1] | |||||
Outros datos | ||||||
Código postal | 08200-08208 e 08802-08805 | |||||
Alcalde | Manuel Bustos Garrido (PSC) | |||||
www.sabadell.es |
Con 207.338 habitantes é a quinta cidade catalá en poboación, tras Barcelona, L'Hospitalet de Llobregat, Badalona e Terrassa.
XeografíaEditar
Sabadell está sita a uns 20,6 km ao noroeste de Barcelona, no centro da comarca, xunto ao río Ripoll. Limita ao norte con Castellar del Vallès e Sentmenat, ao leste con Terrassa e Sant Quirze del Vallès, ao oeste con Polinyà e Santa Perpètua de Mogoda e ao sur con Barberà del Vallès, Badia del Vallès e Cerdanyola del Vallès.
HistoriaEditar
A poboación naceu ó redor da capela de Sant Salvador d'Arraona no século XII. Con todo, a época dourada de Sabadell chegou no século XIX co desenvolvemento económico arredor do sector téxtil. Grazas a este desenvolvemento Sabadell acadou o título de cidade no 1877.
DemografíaEditar
A inmigración, potenciada sobre todo pola expansión industrial de Sabadell, provocou aumentos notables da poboación nas últimas décadas. O máis notable comezou nos anos 1950 e durou ata finais dos 70, cando se triplicou a poboación da cidade. A maioría dos inmigrantes procedían de diferentes zonas de España, especialmente de Andalucía, Estremadura e Murcia. A poboación da cidade aumentou tamén en varios miles os últimos anos, co aumento da inmigración extracomunitaria a Cataluña.
1900 | 1930 | 1950 | 1970 | 1981 | 2000 | 2008 |
---|---|---|---|---|---|---|
23.294 | 45.607 | 59.494 | 159.408 | 184.943 | 183.727 | 203.969 |
EntidadesEditar
Sabadell está formado por cinco entidades de poboación:
- Sabadell.
- San Nicolau.
- La Salut.
- Berard.
- Togores.
Edificios e obras salientablesEditar
- Casa da Vila.
- Igrexa de Sant Feliu: obra do arquitecto Enric Sagnier i Vilavecchia (1858-1931).
- Monumento a Sallarès i Pla: obra do escultor Josep Clarà (1878-1958).
- Sede da Caixa d'Estalvis de Sabadell: obra do arquitecto Jeroni Martorell (1877-1951).
- Torre de l'Aigua.
Localidades irmandadasEditar
Galería de imaxesEditar
NotasEditar
- ↑ sabadellenco/a: Persoa natural ou habitante de Sabadell. Real Academia Galega
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para sabadellenco.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sabadell |
- Portal Municipal de Sabadell. - Concello de Sabadell (en catalán).
- O Patrimonio Histórico de Sabadell - Oficina de Patrimonio do Concello de Sabadell (en catalán).
- Mapa de l'Institut Cartogràfic de Catalunya (en catalán).