Badia del Vallès

concello de Cataluña

Badia del Vallès é un concello catalán da comarca do Vallès Occidental, na provincia de Barcelona. É un dos municipios máis pequenos e con máis densidade de poboación de España e un dos máis novos: creouse en 1994 co nome de Badia. Está situado entre Barberà del Vallès, Cerdanyola del Vallès e Sabadell e antes da súa constitución en municipio a zona era coñecida como Ciutat Badia.

Modelo:Xeografía políticaBadia del Vallès
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 41°30′38″N 2°07′01″L / 41.510555555556, 2.1169444444444Coordenadas: 41°30′38″N 2°07′01″L / 41.510555555556, 2.1169444444444
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
Provinciaprovincia de Barcelona
Ámbito funcional territorialÁmbito metropolitano de Barcelona
ComarcaVallès Occidental Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación13.074 (2023) Editar o valor em Wikidata (14.526,67 hab./km²)
Lingua oficiallingua catalá Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie0,9 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porriu Sec (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altitude120 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor em WikidataEva Maria Menor Cantador (en) Traducir (2009–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal08214 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE08904 Editar o valor em Wikidata
Código territorial IDESCAT089045 Editar o valor em Wikidata

Páxina webbadiadelvalles.cat Editar o valor em Wikidata

Historia editar

Badia creouse na década de 1960 durante as fortes migracións a Cataluña, mediante un plan do goberno para crear vivendas no área metropolitana de Barcelona, nos arredores de Barberà del Vallès. Debía estar formado por 11.054 vivendas e todos os servizos correspondentes a este número de habitantes.

En 1970 iniciouse a primeira fase coa construción das 4.156 primeiras vivendas, 98 locais e a urbanización interior. Antes do inicio da construción da 2ª fase, o Ministerio de Obras Públicas levou a termo a construción da autoestrada Barcelona-Terrassa e o terceiro cinto, ocupando tres cuartas partes do terreo previsto para esta segunda fase, co que só se puideron construír 1.216 novas vivendas e 38 locais. As obras remataron en 1973 pero non se inaugurou a cidade, a cargo do entón Príncipe Xoán Carlos, ata 1975. O 14 de abril de 1994 constituíuse por primeira vez o municipio de Badia del Vallès, por segregación de Barberà del Vallès e Cerdanyola del Vallès e extinguiuse a Mancomunidade destas dúas poboacións.

A masía de Can Santfeliu, xunto os terreos correspondentes e unha zona de campo, propiedade de Emília Badia, foron convertidos nunha cidade chea de bloques de pisos, a maioría deles prefabricados cun sistema francés de construción de pezas modulares, xunto a espazos abertos axardinados e amplas avenidas. Este tipo de vivendas eran a clara expresión da política de desenvolvemento franquista que quixo crear un novo modelo de cidade onde convivisen diferentes clases sociais. Para iso distribuíuse o 66% de dita vivendas entre funcionarios e empregados de empresas públicas e o restante 34% foi outorgado a traballadores a través da Obra Sindical del Hogar.

As familias ás que se lles outorgara a vivenda tiñan un prazo dun ano para trasladar a súa residencia a esta. Un número significativo de vivendas permaneceron desocupadas transcorrido o devandito prazo o que orixinou a ocupación por parte doutras familias coñecedoras do proceso.

A falta de equipamentos e servizos, exceptuando catro colexios de Ensino Primario, deu paso a un movemento asociativo e veciñal potente. Catro colexios de Ensino Primario máis, un centro de Formación Profesional, un Instituto de Bacharelato, tres gardarías públicas, un mercado municipal, un novo Centro de Asistencia Primaria, un casal para a xente maior e unha biblioteca foron os logros desta loita veciñal, sendo o "Centro Cívico" a demanda que máis anos tardou en cumprirse, concretamente catorce, xa que non se inaugurou ata o ano 2002. Outra singularidade de Badia del Vallès é que, ao igual que as vivendas, todos os equipamentos existentes no municipio son de titularidade pública.

O movemento asociativo e veciñal, tras os logros reivindicativos iniciais, organizouse arredor da Federación de Entidades Culturais de Badia del Vallès. Esta entidade foi a primeira federación de ámbito territorial que se constituíu en Cataluña e serviu como modelo organizativo.

É un dos municipios máis pequenos de España e cunha das densidades de poboación máis altas. A poboación reside en bloques de pisos, de entre 5 e 16 plantas, rodeados de parques e zonas verdes. A curiosidade é que a planta de Badia del Vallès reproduce o mapa da Península Ibérica.

Demografía editar

Conta cunha poboación de 13 163 habitantes (INE 2022).

Gráfica de evolución demográfica de Badia del Vallès[1] entre 2001 e 2021

Comunicacións editar

Aínda que dúas autoestradas cruzan o concello (a C-58 Barcelona-Manresa e a AP-7 Valencia-La Jonquera), Badia non dispoñía de ningunha saída nin entrada para estas vías. Accedíase ao municipio pola estrada do Aeroporto de Sabadell (saída Sabadell Sud da C-58) ou por unha rúa que conecta con Barberà del Vallès e a N-150. En 2008 Sabadell puxo en marcha o plan urbanístico Sabadell Parc Empresarial na zona de Sant Pau de Riu Sec, construíndo outra entrada ao municipio que permite o acceso á C-58.

Festividades editar

  • Festa Maior, o terceiro domingo de xuño
  • 14 de abril, festa local en conmemoración da independencia municipal.

Notas editar

  1. Instituto Nacional de Estadística (España). "Alteraciones de los municipios en los Censos de Población desde 1842". Consultado o 14 de outubro de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar