Provincia de Barcelona

Provincia de Barcelona
Flag of Barcelona province(official).svg Escudo de la provincia de Barcelona.svg
Provincia Barcelona.png
Capital Barcelona
Área 7.733 km²
Poboación 5.511.147 hab. (2010)
Densidade 712,68 hab./km²
Concellos 311
Xentilicio barcelonés,-a

A Provincia de Barcelona é unha provincia situado no nordés de España, que compón unha das catro divisións administrativas da comunidade autónoma de Cataluña. Limita ó nordeste coa provincia de Xirona, ó oeste coa provincia de Lleida, ó suroeste coa provincia de Tarragona e ó sur e suroeste co mar Mediterráneo.

XeografíaEditar

Sucan esta provincia ríos de escasa importancia como o río Llobregat, polo menos se os comparamos co maior río que pasa por Cataluña, o Ebro.

Os accidentes xeográficos máis importantes son a Depresión central catalá, os Pireneos, que alcanzan o norte da provincia e diversas serras, coma as de Tallat e Montseny.

DemografíaEditar

Esta provincia ten unha das poboacións provinciais máis elevadas de España: 5 226 354 habitantes segundo o censo do 2005. O núcleo máis importante é a cidade de Barcelona, que ten aproximadamente un terzo da poboación da provincia. Ten unha altísima densidade de poboación: case 680 habitantes/km².

É unha provincia moi dinámica, grazas ás súas actividades industriais e comerciais.

Evolución demográfica
1900 1930 1950 1970 1981 2000 2010
1.054.541 1.800.638 2.232.119 3.929.194 4.620.056 4.736.277 5.507.813

Divisións administrativasEditar

ComarcasEditar

A provincia de Barcelona está dividida nas seguintes once comarcas:

ConcellosEditar

Os vinte concellos máis habitados da provincia son os seguintes (2007):

  1. Barcelona (1.595.110 habs.)
  2. L'Hospitalet de Llobregat (251.848 habs.)
  3. Badalona (216.201 habs.)
  4. Terrassa (202.136 habs.)
  5. Sabadell (201.712 habs.)
  6. Mataró (119.035 habs.)
  7. Santa Coloma de Gramenet (116.765 habs.)
  8. Cornellà de Llobregat (84.477 habs.)
  9. Sant Boi de Llobregat (80.727 habs.)
  10. Sant Cugat del Vallès (74.345 habs.)
  11. Manresa (73.140 habs.)
  12. Rubí (70.494 habs.)
  13. Vilanova i la Geltrú (63.196 habs.)
  14. El Prat de Llobregat (62.663 habs.)
  15. Viladecans (61.718 habs.)
  16. Castelldefels (58.955 habs.)
  17. Granollers (58.854 habs.)
  18. Cerdanyola del Vallès (57.758 habs.)
  19. Mollet del Vallès (51.365 habs.)
  20. Esplugues de Llobregat (46.286 habs.).

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar