Granollers
Granollers é un municipio e cidade española, pertencente á provincia de Barcelona, en Cataluña. É a capital e localidade máis poboada da comarca do Vallès Oriental.
Granollers | ||
---|---|---|
| ||
![]() | ||
Localización | ||
![]() | ||
País | ![]() | |
Comunidade autónoma | ![]() | |
Provincia | Barcelona | |
Comarca | Vallès Oriental | |
Xeografía | ||
Altitude | 145 msnm | |
Superficie | 14,9 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 59.691 hab. (2010) | |
Densidade | 4.006,11 hab/km² | |
Xentilicio | Granollerí, granollerina | |
Outros datos | ||
Código postal | 08401-08402-08403-08404 | |
Alcalde | Josep Mayoral i Antigas (PSC) | |
www.granollers.cat |

Granollers vive do comercio e das industrias, pero na parte sur do termo, a paraxe de Palou aínda conserva zonas agrícolas.
Demografía Editar
1900 | 1930 | 1950 | 1970 | 1981 | 2000 | 2008 |
---|---|---|---|---|---|---|
7.419 | 12.699 | 15.480 | 30.066 | 45.300 | 52.423 | 59.691 |
Lugares de interese Editar
A Porxada, edificio renacentista que servía de lonxa de gran, é o edificio máis emblemático de Granollers. Terminouse de construír entre os anos 1586 e 1587 a partir dun proxecto que encargara o Consello da Vila ao mestre Bartomeu Brufalt. O edificio ten unhas dimensións de 24 metros de longo por 15,65 de ancho e está formado por 15 columnas de orde toscano que soportan un tellado de catro vertentes. foi restaurado en varias ocasións.
Na rúa do Corró atopamos o antigo hospital de San Domingo, agora sala Francesc Tarafa, un exemplo de arquitectura gótica restaurada.
Destacan tamén a igrexa de Sant Esteve e a casa do concello.
Festividades Editar
A Festa Maior de Granollers empeza o último xoves do mes de agosto e celébrase ao longo dunha semana. Baséase na recuperación dunha antiga aposta feita na cidade no ano 1897, onde dous artesáns do ladrillo, os señores Rayo e o herdeiro de Maynou dividiron a cidade competindo para ver quen era capaz de facer máis ladrillos nunha hora. Esta anécdota converteuse, anos despois na Festa Maior Branca e Azul, onde os protagonistas son os cidadáns divididos en dous grupos: os blancs (brancos) e os blaus (azuis). Estas agrupacións organizan actividades e competicións para animar a festa de Granollers e despedir o verán. Actualmente, na festa maior de Granollers fanse varias probas de todo tipo: gastronómicas, competitivas e anecdóticas para que todos, grandes e pequenos, gocen dunha semana chea de aventuras.
Galería de imaxes Editar
-
Maqueta do concello en Catalunya en Miniatura
-
Os xigantes de Granollers
-
Concello
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Granollers |