Montmeló
Montmeló é un municipio español pertencente á provincia de Barcelona, en Cataluña. Está situado a uns 20 km ao norte de Barcelona, na comarca do Vallès Oriental. Atópase na parte baixa do río Congost, na súa confluencia co río Mogent para formar o Besòs, río que constitúe o límite meridional do municipio.
Montmeló | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Casa do concello de Montmeló | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Comunidade autónoma | ![]() | ||
Provincia | Barcelona | ||
Comarca | Vallès Oriental | ||
Xeografía | |||
Altitude | 72 msnm | ||
Superficie | 4,0 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 9.001 hab. (2010) | ||
Densidade | 2.250,25 hab/km² | ||
Xentilicio | Montmeloní, montmelonina | ||
Outros datos | |||
Código postal | 08160 | ||
Alcalde | Antoni Guil Román (PSC) | ||
www.montmelo.es |
HistoriaEditar
A máis antiga referencia a Montmeló é unha acta do 945 na que se fala da igrexa de Santa María de Montmeló, que aínda conserva algúns restos románicos (sobre todo unha ábsida).
O 28 de marzo de 1642, durante a guerra dos Segadors foi escenario da batalla de Montmeló, na que as tropas catalanofrancesas derrotaron a columna castelá de 4.500 homes que se dirixía a Perpiñán, que quedara illada.
DemografíaEditar
1900 | 1930 | 1950 | 1970 | 1981 | 2000 | 2010 |
---|---|---|---|---|---|---|
537 | 880 | 1.020 | 4.384 | 6.865 | 8.437 | 9.001 |
EconomíaEditar
Montmeló constitúe a zona máis industrializada da comarca do Vallès Oriental. A superficie forestal ocupa só 8 hectáreas e a agricultura está en regresión fronte á industria. Os principais cultivos foron os cereais, forraxes e a viña.
En 1991 foi inaugurado o Circuíto de Catalunya, no que se disputan anualmente o Gran Premio de España de Fórmula 1 e o Gran Premio de Cataluña de Motociclismo. Ambas as carreiras gañaron en máis dunha ocasión o premio a mellor GP da tempada. O circuíto está entre os municipios de Montmeló, Granollers e Parets del Vallès.
FestividadesEditar
A festa maior celebrábase anteriormente en torno ao 15 de agosto coincidindo coa festividade da Asunción da nosa Señora, pero o municipio decidiu cambiar a data de celebración ao último domingo de xuño, case sempre coincidindo coa festividade de San Pedro, conmemorando a relación secular de Montmeló co mosteiro beneditino de Sant Pere de les Puel·les.
Nos últimos anos a Festa Maior divídese en dúas collas, a de Melons (en referencia ao nome do municipio) e a de Creuats (en referencia ás Tres Cruces), representados pola cor verde e o vermello respectivamente, que compiten en diferentes probas ao longo da Festa Maior.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Montmeló |