Mollet del Vallès
Mollet del Vallès, antes coñecido como Mollet a secas, é un municipio da comarca do Vallès Oriental, na provincia de Barcelona, Comunidade Autónoma de Cataluña, España.
Mollet del Vallès | |||
---|---|---|---|
Casa do concello de Mollet del Vallès | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Comunidade autónoma | ![]() | ||
Provincia | Barcelona | ||
Comarca | Vallès Oriental | ||
Xeografía | |||
Altitude | 65 msnm | ||
Superficie | 10,8 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 52.459 hab. (2010) | ||
Densidade | 4.857,31 hab/km² | ||
Xentilicio | Molletà, molletana | ||
Outros datos | |||
Código postal | 08100 | ||
Alcalde | Josep Monràs i Galindo (PSC) | ||
www.molletvalles.cat |
HistoriaEditar
No termo de Mollet realizáronse diversos achados arqueolóxicos, algún de grande importancia, que testifican a antigüidade da súa poboación, pero as primeiras referencias escritas coñecidas de Mollet del Vallès como núcleo habitado son do século X. En dous documentos do ano 993 xa aparece mencionado o nome de Mollet, transcrito como Moledo, e a igrexa de San Vicente, que aínda conserva o campanario medieval.
Entre os séculos XII e XIV, Mollet pertenceu á sede episcopal de Barcelona e os seus habitantes eran súbditos do bispo. No ano 1393, Mollet pasou a depender directamente da coroa e converteuse en "rúa" de Barcelona, con representante no Consell de Cent desa cidade. Isto supuxo unha prosperidade para o pobo e un reforzamento da organización colectiva, que quedaba definida polo batlle (alcalde), a curia e os sindicatos.
A vitalidade da comunidade fíxose evidente no século XV coa edificación da igrexa de San Vicente. O edificio foi destruído durante a guerra civil española, con excepción do campanario, que conserva o basamento románico.
Mollet viviu, como o resto do territorio, todos os feitos importantes da historia catalá e peninsular. Hai que destacar, entre as accións bélicas, a batalla que as tropas españolas gañaron ao invasor francés nas proximidades do pobo en 1810 e o bombardeo do centro da cidade (Quatre Cantons) pola aviación franquista en 1938, que causou mortos e feridos.
Actualmente está emprazada no municipio o Instituto de Seguridade Pública de Cataluña, onde se preparan os axentes da policía local e autonómica coñecidos como Mossos d'Esquadra.
DemografíaEditar
1900 | 1930 | 1950 | 1970 | 1981 | 2000 | 2009 |
---|---|---|---|---|---|---|
2.130 | 5.527 | 6.614 | 20.212 | 35.494 | 46.204 | 52.484 |
Lugares de intereseEditar
- Parc dels colors
- Igrexa Parroquial de Sant Vicenç
- Igrexa de Santa María de Gallecs
- Les Rambles
- Casa do Concello
- Masia de Can Borrell
- Masia de Can Lledó
- Masia Can Mulà
- Masia de Can Pacià
- Masies de Can Pantiquet e Can Flequer
Localidades irmandadasEditar
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mollet del Vallès |