Río Besòs

O Besòs é un río catalán que transcorre pola provincia de Barcelona cun curso de 17,7 km. Nace na comarca do Vallès Oriental, da unión dos ríos Mogent e Congost, e desemboca no mar Mediterráneo en Sant Adrià de Besòs, moi preto de Barcelona.

Río Besòs
St. Stephen's Church, Macau.jpg
PaísEspaña
NacementoAiguafreda (Barcelona)
Lonxitude17,7 km
Caudal medio4,33
DesembocaduraMar Mediterráneo
Vista do río Besós desde a ponte máis antiga de Sant Adrià de Besòs

A súa conca travesa os concellos de Aiguafreda, Figaró-Montmany, la Garriga, les Franqueses del Vallès, Canovelles, Granollers, Montmeló, Mollet del Vallès, Montcada i Reixac, Santa Coloma de Gramenet, Sant Adrià de Besòs e Barcelona.

O caudal do Besòs é típico do Mediterráneo, moi irregular durante todo o ano. Ten cinco afluentes principales: o Mogent, o Congost, o Tenes, a riera de Caldes e o Ripoll.