Santa Coloma de Gramenet

Coordenadas: 41°27′14″N 2°12′40″L / 41.454, 2.211

Santa Coloma de Gramenet (antigamente Gramenet de Besòs) é unha cidade catalá da provincia de Barcelona. Pertence á comarca do Barcelonès.

Santa Coloma de Gramenet
Escut de Santa Coloma de Gramenet.svg
Ponte sobre o río Besòs
Torre Pallaresa Igrexa Maior
A cidade e a serra da Marina
Localización
Localització de Santa Coloma de Gramenet respecte del Barcelonès.svg
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCataluña Cataluña
ProvinciaBarcelona
ComarcaBarcelonès
Xeografía
Altitude56 msnm
Superficie6,57 km²
Demografía
Poboación120.060 hab. (2010)
Densidade17.175,97 hab/km²
XentilicioColomenc (o gramenetenc)
Outros datos
Código postal0892x
AlcaldeNúria Parlon (PSC-PSOE)
www.gramenet.cat

Limita cos municipios de Badalona ó leste, Sant Adrià de Besòs ó sur, Montcada i Reixac polo norte, e Barcelona, cidade da que está separada polo río Besòs polo oeste. Cunha poboación de 120.060 habitantes en 2010, é a novena cidade en poboación de Cataluña.

HistoriaEditar

 
Poboado de Puig Castellar

Diversos achados arqueolóxicos da época neolítica e eneolítica, descubertos dentro do termo de Santa Coloma de Gramenet, pon de manifesto a presenza de agrupacións de humanos polo menos desde o ano 3500 aC. Parece que entre os séculos X e VI aC. chegaron á zona diversas migracións do norte que confluíron pouco tempo máis tarde no asentamento da tribo ibérica dos laietanos, establecida no século VI ou V aC no poboado do Puig Castellar, no extremo norte do actual municipio. Ocupaban toda a franxa costeira desde Sitges ata Blanes, e a súa cultura sobreviviu ata que o forte impacto da conquista romana (século III aC) supuxo o inicio da súa progresiva extinción. O poboado do Puig Castellar foi abandonado probablemente a principios do século II aC.

Apenas hai datos da poboación en época romana e visigótica. Parece que había varias vilas dispersas no val, cerca do Besòs, moi influídas polas cidades veciñas: Baetulo (Badalona), activa ata o século II dC, e Barcino (Barcelona).

Despois do relativo abandono que supuxo a invasión sarracena, a partir do século IX iniciouse a repoboación do sector. Os novos poboadores, vindos do norte, debían coñecer a tradición do martirio de Santa Comba (Comba de Sens, sacrificada polos romanos na Galia no ano 274, cando soamente tiña 17 anos) e é probable que lle dedicasen unha igrexa prerrománica que foi destruída por Almanzor en 985. No mesmo lugar edificouse un templo románico, documentado desde 1019, que subsistiu como parroquial durante máis de sete séculos. Ao redor desta igrexa comezou a formarse o primeiro núcleo urbano, que coexistía con algunhas antigas masías. Esta hipótese sobre a orixe do topónimo "Coloma", defendida polo historiador local Joan Vilaseca Segalés, contrasta coa sostida por outras fontes segundo as cales "Coloma" sería o resultado da evolución da palabra latina "columbarium", nome que os romanos daban ao lugar onde se colocaban as urnas cos restos incinerados dos cadáveres. Isto foi descuberto fai realmente pouco tempo pola recoñecida investigadora Marta López Escobar. A sistemática cristianización de nomes "pagáns" exercida polo poder da Igrexa católica achegou o cualificativo de Santa, tan común, por outra banda noutros topónimos.

XeografíaEditar

Santa Coloma de Gramenet atópase situada ao leste do río Besòs, entre a Serra de la Marina e o plano de Badalona.

Limita ao norte co municipio de Montcada i Reixac, ao sur co de Sant Adrià de Besòs, ao leste co de Badalona e ao oeste co de Barcelona. Desde a praza da Vila de Santa Coloma ata a Plaça de Catalunya de Barcelona só hai 9 km.

A topografía do municipio é bastante accidentada. Perpendicularmente ao río Besòs hai tres serras urbanizadas total ou parcialmente de norte a sur: a Serra de Sant Mateu, Serra de les Mosques d'Ase e a Serra d'en Mena. Estas tres serras forman entre elas dous vales (onde discorrían antigamente arroios): a val de Carcereña (ou val Pallaresa) e a val de Sistrells.

O punto máis alto do municipio é o Turó do Polo ou Puig Castellar, amb 302 m.

DemografíaEditar

 
Praza da Vila
Evolución demográfica
1900 1930 1950 1970 1981 2000 2009
1.510 12.930 15.281 106.711 140.588 117.127 119.717

BarriosEditar

DeportesEditar

O club máis importante da cidade é o Marfil Santa Coloma, participante da División de Honra da LNFS (Liga Nacional de fútbol sala). Ademais do seu equipo profesional, o "Marfil" ten unha das mellores canteiras de España.

Outro que é moi importante é o equipo de fútbol Unió Deportiva Atlètica Gramenet, participante da Terceira División da Liga española de fútbol.

Tamén xogan varios equipos de baloncesto, entre os cales, o de maior prestixio na actualidade é o Club Bàsquet Santa Coloma, actualmente (tempada 2010 - 2011) na categoría Copa Cataluña, a máis alta antes de pasar a nivel nacional.

Cidades irmandadasEditar

Galería de imaxesEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar