Blanes é unha cidade e un concello da comarca catalá da Selva, cabeza do partido xudicial de Blanes a provincia de Xirona. En 2006 contaba cunha poboación de 37.819 habitantes, polo que era o terceiro núcleo máis poboado da provincia.

Modelo:Xeografía políticaBlanes
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°40′26″N 2°47′32″L / 41.674, 2.79211111
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
Ámbito funcional territorialComarques Gironines
ComarcaSelva Editar o valor en Wikidata
CapitalBlanes (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación41.653 (2023) Editar o valor en Wikidata (2.353,28 hab./km²)
Número de fogares220 (1553) Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua catalá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie17,7 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Tordera e Mar Mediterráneo Editar o valor en Wikidata
Altitude13 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Santo padrónSanta Ana Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Mayor of Blanes (en) Traducir Editar o valor en WikidataJordi Hernández Martínez (en) Traducir (2023–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal17300 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE17023 Editar o valor en Wikidata
Código territorial IDESCAT170237 Editar o valor en Wikidata

Páxina webblanes.cat Editar o valor en Wikidata
Facebook: 100069337054208 Twitter: blanes_cat Instagram: blanes_cat LinkedIn: ayuntamiento-de-blanes Editar o valor en Wikidata

Xeografía

editar

Blanes está situada na esquerda da chaira aluvial que formou a foz do río Tordera, entre as vertentes da serra Llarga e as de Montells. O termo municipal está atravesado polo torrente de Blanes ou de Valdoric, que desemboca preto de sa Palomera, unha grande rocha que entra até o mar e que separa a baía de Blanes, no norte, e a praia de Sabanell, no sur.

A Costa Brava ten o seu extremo máis meridional nesta poboación, concretamente na rocha de sa Palomera. Dise popularmente que a Costa Brava e máis as súas largas praias do Maresme nacen aquí.

A cidade creceu a xeito dun semicírculo que acha os lindes no outeiro de Sant Joan (puig de sant Joan) e no mar, e polo tanto en dirección ao río Tordera. Os barrios tradicionais de Blanes son Sa Carbonera, Sant Francesc, os Pavos e os Pins.

Historia

editar

Prehistoria

editar

A presenza humana no actual termo de Blanes remonta á prehistoria, como se deduce de diversas referencias a achados de industria lítica. Noticias máis firmes son sobre a poboación prerromana. Os indixetes eran a poboación ibérica autóctona. O seu núcleo aquí debeu estar na ladeira da montaña de Sant Joan. Hai restos doutros poboados amurallados.

Época Antiga

editar

Na época romana foi coñecida como Blanda ou Blandae (referencias de Plinio o Vello, Estrabón e Claudio Tolomeo). O lugar debeu fundarse entre 75 a.C. e 50 a.C.. Debeu ser un lugar de intercambio de produtos ultramarinos co o interior a xulgar polos restos atopados na zona portuaria (almacéns, talleres, unha necrópole).

Idade Media

editar

Abundan as referencias a Blanes desde o século X. Desde 1050 pasou a pertencer aos vizcondes de Cabrera, que posuían o castelo da localidade como feudo dos condes de Barcelona. Desde o XII, comparten dominio cos cabaleiros ditos de Blanes. Durante o século XIII, os señores feudais do lugar, Guerau IV de Cabrera e Guillem de Blanes, concederon privilexios e franquías, que aseguraron o poboamento e o medrae de Blanes. Foron confirmados polos sucesores no século XIV (documento de 1373).

A inicios do século XV, Bernat de Cabrera, intitulado conde de Módica, comeza a construír a nova igrexa e o pazo. Da mesma época é o recinto amurallado e máis o hospital de pobres (1423).

Ao longo da Idade Media o porto adquire un papel de grande relevo nas empresas catalás na expansión mediterránea. Así, parte de aquí, en 1113, a primeira expedición, fracasada, contra as illas Baleares. En 1285, a armada francesa recalou no porto e incendiou a vila. En 1355 viuse atacada por xenoveses. Durante o século XV o porto blanenco era visitado con frecuencia, por naves biscaíñas, castelás e mallorquinas. Tal actividade levou á creación do gremio de pescadores e a construción de dársenas na praia. Participa tamén na guerra civil catalá entre 1462 e 1472.

Neste período xorde un notábel personaxe, Jaume Ferrer de Blanes, cosmógrafo prestixioso que asesorou á coroa española e aínda parece que aconsellou ao propio Colón.

 
Escudo dos Cabrera na fonte gótica de Blanes

Idade Moderna

editar

A partir de 1603, o seu termo amplíase até o río Tordera. Durante a guerra dos Segadores, entre o 6 e o 11 de febreiro de 1640, a vila aloxou un rexemento de tropas valoas, que cometeron numerosos abusos na poboación. Xa ao final da guerra, as tropas reais castelás do marqués de Mortara, perante a negativa da localidade a rendese, en setembro de 1652, atacaron a vila con artillaría. Tomada a vila, seguiu unha dura represión: 300 dos defensores foron condenados a galeras.

En guerras posteriores contra os franceses de Lois XIV, Blanes foi atacada nos anos 1657, 1697, e especialmente no 1694, durante a guerra da liga dos Habsburgo, cando tropas do xeneral Clark queimaron boa parte da vila e destruíron o pazo dos Cabrera, do cal só fica a maior parte da fachada.

Durante a guerra de sucesión española (1700-1714), Blanes púxose ao lado do arquiduque Carlos. Como o resto do Principado, Blanes pasou malos momentos por mor das cargas derramadas para o sostemento da guerra. Coa derrota moitos blanencos foron castigados nas obras da construción da Cidadela de Barcelona.

Ao longo do século XVIII, a economía de Blanes experimentou un período de crecemento, tanto pola época de paz como polas boas expectativas do comercio marítimo. A fins de século había censadas 9 embarcacións para comerciar con América. A poboación pasou de 1993 habitantes, a inicios de século, a 3783 habitantes a finais.

Idade Contemporánea

editar

Durante a guerra contra os franceses, a presenza das tropas transpirenaicas é constante desde 1810, pois a vila foi o cuartel xeral francés no asedio á fortaleza de Hostalric. Varios veciños foron fusilados por eles.

Durante o período de tránsito entre o Antigo Réxime e o liberal, houbo protestas contra os dereitos señoriais. O derradeiro señor de Blanes foi o duque de Medinaceli. En xuño de 1822, a vila sufriu ataques absolutistas. Mesmo o párroco, mosén Frigola, foi detido e axustizado en Barcelona.

Porén, os estaleiros de Blanes foron os máis importantes da costa norte catalá a mediados do século XIX, e o comercio con América medrou. Mais na segunda metade do século, o impacto desastroso da filoxera sobre as viñas, meteu a zona nunha forte recesión económica. A poboación baixaría até ben entrado o século XX. A emigración para América foi a solución para mitos blanencos, como pasou en toda España.

Na década dos 1920, a economía de Blanes mellorou. Debeuse á modernización agrícola, a revitalización dos estaleiros e, sobre todo, á auxe do téxtil, en especial a fábrica de fibras artificiais, a SAFA. Comezou tamén agora un novo fenómeno: o turismo, que habería de ser un dos piares da vila.

Durante a guerra civil (1936-1939) a poboación sufriría bombardeos e a perda de boa parte do patrimonio cultural. Ademais, creouse unha profunda división entre vencedores e vencidos.

A finais da década dos 50 producíronse dous fenómenos importantes: o inicio do turismo de estranxeiros en masa e un grande movemento inmigratorio procedente do resto da Península, o que fará que se duplique a poboación entre 1955 e 1970.

Economía

editar

A economía, baseada tradicionalmente no sector primario (agricultura e pesca), na segunda metade do século XX pasou a depender primordialmente do sector secundario (industria) e, moi especialmente, do terciario (turismo).

Así, a foz do río Tordera está considerada unha zona agrícola privilexiada e o seu porto, de pesca e deportivo, aínda tén un certo peso: en 2001 se desembarcaron 2349 tm de peixe. A principal industria é a SAFA, que foi instalada en 1923.

Se ben Blanes desde finais do século XIX foi un importante destino de vacacións de verán, o gran motor do turismo, paralelamente co resto da Costa Brava, chegou a finais da anos 50. Esta foi a causa principal da explosión demográfica, pasando de 4943 habitantes en 1920 a 31.532 habitantes en 2001. A subida sería máis espectacular se se contasen os habitantes de segunda residencia e o crecemento de poboación na temporada estival.

Transportes

editar

Unha moderna estación de autobuses centra as conexións con Lloret de Mar, Malgrat de Mar, Tossa de Mar, Barcelona, Calella, Xirona e máis o Aeroporto Internacional Xirona-Costa Brava. Unha estación de tren acolle liñas para Barcelona cunha frecuencia de 30 minutos. Coa mesma frecuencia hai trens en dirección a Maçanet-Massanes, con transbordos desde aí para Xirona e Figueres. no verán hai unha serie de cruceiros desde Platja d'Aro até Arenys de Munt. A cidade áchase a 5 minutos da estrada N-II e da C-32, e a 15 minutos da AP-7.

Festas e tradicións

editar
 
Fogos en Blanes

Cada ano celébrase aquí o Concurso de Fogos Artificiais da Costa Brava, un dos máis importantes de España e de Europa, durante 7 días na semana da Festa Maior da vila.

A Festa Maior cae na derradeira semana de xullo, semana de Santa Ana e dura 8 días.

Lugares de interese

editar
 
Blanes

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar