Aiguafreda
Coordenadas: 41°46′9″N 2°15′16″L / 41.76917, -2.25444
Aiguafreda | |||
---|---|---|---|
Vista xeral da vila | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Comunidade autónoma | ![]() | ||
Provincia | Barcelona | ||
Comarca | Vallès Oriental | ||
Xeografía | |||
Altitude | 404 msnm | ||
Superficie | 7,96 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 2 498 hab. (2014) | ||
Densidade | 313,82 hab/km² | ||
Xentilicio | Aiguafredenc/a | ||
Outros datos | |||
Código postal | 08591 | ||
Alcalde | Joan Vila i Matabacas (CiU) | ||
http://www.aiguafreda.cat |
Aiguafreda é un concello da provincia de Barcelona, en Cataluña, pertencente á comarca do Vallès Oriental.
XeografíaEditar
O concello localízase ó norte da comarca do Vallès Oriental. Limita ó norte coa comarca de Osona, ó oeste co río Congost e o PEIN dos Cingles del Berti, ó leste e sur do concello está cuberto por bosques que pertencen ó Parque Natural do Montseny, limitando con outros concellos da comarca do Vallès Oriental.
EconomíaEditar
Os sectores principais son o sector servizos e a industria (especialmente a metalurxia). Os sectores téxtil e a construción foron sectores tradicionalmente importantes, mais cara final so século XX e comezos do XXI sufriron un importante retroceso.
PatrimonioEditar
O patrimonio natural é de gran valor, debido a presenza do parque natural do Montseny e dos Cingles do Bertí. Este feito converteu o concello nun referente do excursionismo catalán dende o século XIX. A comezos do século XXI, aínda son moitos os sendeiros e percorridos que parten ou atravesan o municipio. Son moitos os elementos históricos que interese cultural e artístico. Algún deles son:
- Dolmens da Serra de Arca (2500-2000 a.C.)
- Miliarios romanos da vía romana do Congost (séculos III-IV e conservados no Museo nacional de arqueoloxía de Cataluña e na sé episcopal de Vic)
- A cova-cripta de Aiguafreda (século IX)
- A igrexa de Sant Martí d’Aiguafreda do século XII
- As capelas románicas do val de l’Avencó: Sant Salvador d’Avencó e Sant Miquel de Canyelles, tamén do século XII
- A comezos do século XX, a chegada da burguesía barcelonesa provocou a construción de vivendas e rúas de pegada modernista e novecentista.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aiguafreda |