Palau-solità i Plegamans
Palau-solità i Plegamans é un municipio catalán da comarca do Vallès Occidental, na provincia de Barcelona, formado polas antigas parroquias de Plegamans e Palau-solità. Entre 1939 e 2000 o nome do municipio era Palau de Plegamans.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
Provincia | provincia de Barcelona | ||||
Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | ||||
Comarca | Vallès Occidental ![]() | ||||
Capital | Palau-solità i Plegamans (en) ![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 15.456 (2024) ![]() | ||||
Número de fogares | 32 (1553) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua catalá ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 14,9 km² ![]() | ||||
Bañado por | riera de Caldes ![]() | ||||
Altitude | 130 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Mayor of Palau-solità i Plegamans (en) ![]() ![]() | Oriol Lozano Rocabruna (en) ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 08184 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 08156 ![]() | ||||
Código territorial IDESCAT | 081568 ![]() | ||||
Sitio web | palauplegamans.cat ![]() |
Xeografía
editarO municipio limita coa comarca do Vallès Oriental. Está situado a 11 km de Sabadell, 13 de Granollers e a 25 km de Barcelona.
Limita ao norte con Caldes de Montbui e Lliçà d'Amunt, polo leste con Lliçà de Vall e cun enclave histórico de Montcada i Reixac, ao sur con Mollet del Vallès e Santa Perpètua de Mogoda e polo oeste con Polinyà e Sentmenat.
O municipio ten unha extensión de 15,06 km² e encóntrase unha altitude de 140 metros sobre o nivel do mar. Xeoloxicamente está situado entre a Cordilleira Litoral e a Prelitoral, na denominada depresión do Vallès-Penedès, configurando un territorio basicamente plano na súa parte central e con pequenas serras que se estenden en dirección norte-sur nos extremos do territorio. Na súa parte central e na mesma dirección que as serras, flúe a riera de Caldas, na que desembocan a riera de Sentmenat e o torrente de Can Duran.
Demografía
editarA poboación do municipio está concentrada en varias entidades de poboación: Palau-solità i Plegamans, El Carrer de Dalt, la Pineda i la Plana de l'Alzina, Can Falguera i els Turons, La Sagrera, El Carrer de Baix i la Plana de Can Periquet, Can Cortès i la Pedra Llarga, Can Riera, El Castell i la Tenda Nova, Montjuïc, Polígon industrial de la Riera de Caldes, Can Maiol e Can Perera i Can Valls.
1900 | 1920 | 1940 | 1960 | 1981 | 2000 | 2010 |
---|---|---|---|---|---|---|
952 | 1.152 | 1.422 | 1.638 | 4.175 | 11.089 | 14.190 |
Lugares de interese
editar- Campus Arqueolóxico da Fundación Clos (Masía de Can Maiol)
- Capela románica de Sant Genís
- Casa da cultura (Masía de Can Cortès)
- Casa Folch
- Castelo de Plegamans
- Igrexa Parroquial de Sant Genís
- Igrexa parroquial de Santa Maria de Palau-solità
- Museo do pesebrismo (Masía Can Malla)
- Menhir da Pedra Llarga
- Masía do Forn de Vidre
- Parque de l'Hostal del Fum
Galería de imaxes
editar-
Castelo de Plegamans
-
Pedra Llarga
-
Igrexa de Santa Maria de Palau-solità
-
Parque de l'Hostal del Fum
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Palau-solità i Plegamans |