Penedès
O Penedès é un territorio histórico da comunidade autónoma de Cataluña, que forma parte das provincias de Barcelona e Tarragona. Na división comarcal de 1936 quedou subdividido nas comarcas catalás do Alt Penedès, o Garraf (tamén chamada Penedès Marítim ou Marina del Penedès) e o Baix Penedès.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Xeografía | |||||
Superficie | 1.940,5 km² | ||||
O territorio deu lugar a unha denominación de orixe homónima que inclúe tamén municipios doutras comarcas.
É tamén un dos oito ámbitos funcionais territoriais (AFT) definidos no Plan territorial xeral de Cataluña, para un hipotético desenvolvemento da Comunidade Autónoma en vigairías. Está formado polas comarcas do Alt Penedès, Baix Penedès, Garraf e a maior parte da de Anoia.[1]
Notas
editar- ↑ anoiadiari.cat, ed. (19 de xaneiro de 2010). "Sete municipios anoiencos reivindican a Alta Segarra". Consultado o 24 de novembro de 2010.