Abrir o menú principal

Caldes de Montbui é un municipio español, pertencente á provincia de Barcelona, en Cataluña. Forma parte da comarca do Vallès Oriental e atópase a uns 35 km ao norte de Barcelona.

Caldes de Montbui
Escut de Caldes de Montbui.svg
Localización
Localització de Caldes de Montbui respecte del Vallès Oriental.svg
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCataluña Cataluña
ProvinciaBarcelona
ComarcaVallès Occidental
Xeografía
Altitude203 msnm
Superficie37,5 km²
Demografía
Poboación17.019 hab. (2010)
Densidade453,84 hab/km²
XentilicioMontbuienc, montbuienca
Calderí, calderina
Outros datos
Código postal08140
AlcaldeJordi Solé i Ferrando
www.caldesdemontbui.cat

Índice

HistoriaEditar

O nome de Caldes ten que ver coa palabra "cálida" ou "quente" e refírese ás augas quentes que saen do interior da terra a unha temperatura de 74 °C. É unha das fontes máis quentes de Europa. Os romanos xa aproveitaron esta auga e construíron alí un balneario que en parte se conservou ata os nosos días. Son as termas romanas mellor conservadas da península. O escritor romano Plinio xa fala deste balneario chamado entón Aquae-Calidae na súa crónica sobre a Hispania Romana. A historiadora Mercedes Sorda mantén o de Plinio, aínda que hai outras versións alternativas que indican que deste balneario o primeiro en falar sería Virxilio.

DemografíaEditar

Evolución demográfica
1900 1930 1950 1970 1981 2000 2009
3.474 4.777 4.729 8.161 10.168 12.464 16.885

Lugares de intereseEditar

  • Font del Lleó
  • Termas Romanas
  • Igrexa parroquial
  • Balnearios
  • Torre Nova

Localidades irmandadasEditar

Véxase taménEditar