Cordilleira Prelitoral

A Cordilleira Prelitoral (en catalán: Serralada Prelitoral) é unha cordilleira localizada en Cataluña (España), que forma parte das Cordilleiras Costeiras Catalás.

Modelo:Xeografía físicaCordilleira Prelitoral
Imaxe
Tipocordilleira Editar o valor en Wikidata
Parte deCordilleiras Costeiras Catalás Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaEspaña Editar o valor en Wikidata
Mapa
 41°36′55″N 1°47′16″L / 41.6153, 1.7878
Características
Altitude1.712 m Editar o valor en Wikidata
Unidades morfoestruturais de Cataluña:
     Pireneo      Prepireneo      Depresión Central      Pequenas estribacións na Depresión Central      Cordilleira Transversal      Cordilleira Prelitoral      Cordilleira Litoral      Depresións litoral e prelitoral e outras chairas costeiras

Sitúase paralelo á costa, pero a unha distancia desta de entre 30 e 60 km, entre o límite coas Comunidades Autónomas valenciana e aragonesa e a Cordilleira Transversal (Serralada Transversal). De norte a sur, comprende as serras das Guilleries (que comparte coa citada Cordilleira Transversal), o Montseny, Sant Llorenç de Munt, Montserrat, Queralt, a de Prades, o Montsant e Ports, que forman tamén parte do Sistema Ibérico.

Entre os seus espazos naturais protexidos, merecen destacarse, o Parque Natural do Montseny, o Parque Natural de Sant Llorenç de Munt i l'Obac, o Parque Natural de Montserrat e o Parque Natural Els Ports.

Véxase tamén

editar