O Prepireneo, ou Prepireneos, son un conxunto de serras situadas ao sur do Pireneo axial. As montañas e vales desta zona caracterízanse por ter unhas alturas menores que as do sector central dos Pireneos. Son poucos os picos do Prepireneo que superan os 2.000 metros de altitude.

Modelo:Xeografía físicaPrepireneo
Imaxe
Tipocordilleira Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaPaís Vasco, España, Navarra, España, Aragón, España e Cataluña, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°20′N 1°00′L / 42.33, 1
Composto por
Características
Altitude2.912 m Editar o valor en Wikidata
Tamaño40 (ancho) × 425 (lonxitude) km
Área protexida da rede Natura 2000
IdentificadorEditar o valor en Wikidata ES2410059 Editar o valor en Wikidata

Categoría V da UICN: paisaxe protexida/paisaxe mariña
World Database on Protected Areas
IdentificadorEditar o valor en Wikidata 389188 Editar o valor en Wikidata

Categoría V da UICN: paisaxe protexida/paisaxe mariña
World Database on Protected Areas
IdentificadorEditar o valor en Wikidata 389181 Editar o valor en Wikidata
Editar o valor en Wikidata
O Macizo de Cotiella, en Aragón, onde se atopan os montes máis altos do Prepireneo.

Este sector dos Pireneos esténdese de oeste a leste ao longo duns 425 km polo nordés de España, atravesando as comunidades autónomas do País Vasco, Navarra, Aragón e Cataluña. A anchura dos Prepireneos alcanza na súa zona central os 40 km e no norte da provincia de Barcelona únese ás cordilleiras Costeiras Catalás, que teñen unhas alturas similares. O límite entre os Prepireneos e o sector central dos Pireneos non é preciso debido a que as montañas gañan altura progresivamente segundo se interna na cordilleira. Esta zona de tránsito entre a zona central dos Pireneos e as zonas chairas non existe na vertente francesa exceptuando unha zona de montes baixos na rexión do Rosellón. Os vales do Prepireneo adoitan ser estreitos, formando en moitos casos canóns e desfiladeiros. Os ríos ao seu paso por esta zona dos Pireneos son menos numerosos pero non obstante máis caudalosos, polo que se practican moitos deportes de montaña relacionados coa auga.

Galería de imaxes

editar

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar