Parque Natural de Els Ports

(Redirección desde «Parque Natural Els Ports»)
Els Ports

Marco Legal
Figura de Protección: Parque natural
Ano de constitución: 2001
Superficie: 35.050 ha (867 ha de reserva natural)
Lexislación:
Datos de interese
País: España España
Provincias: Tarragona
Concellos: Arnes, Horta de Sant Joan, Prat del Comte, Paüls, Alfara de Carles, Tortosa, Roquetes, Mas de Barberans, La Sènia
Ríos: Matarranya, Ulldemó, Algars, Estrets
Picos L’Espina (1180 mt), Caro (1442mt), Mola Castellona (1040mt), Mola del Boix (1333mt), Tossal del Rei (1356mt), Castell de l’Airosa (1034mt), La Portella del Pinell (1100mt)
Direccións de interese:
Teléfonos: 977 50 40 12

O Parque Natural de Els Ports (Parque Natural dos Portos en tradución directa ó galego) atópase en Cataluña e esténdese polo suroeste da provincia de Tarragona (comarcas de Terra Alta, Baix Ebre e Montsià). Limita coas provincias de Teruel (Aragón) e Castelló (Valencia).

Historia editar

A zona actual do parque foi poboada polo ser humano dende tempos prehistóricos. Así o testemuñan as pinturas rupestres e restos humanos atopados nas covas das montañas. Posteriormente os iberos e os árabes estiveron tamén presentes no macizo. Mais vai ser na Idade Media, co aproveitamento da madeira, a agricultura e a gandería extensiva, cando a presenza humana se vai incrementar. Nestes tempos apareceu o primeiro intento coñecido de protección e ordenación do territorio. Así en Tortosa naceu un corpo de gardas de montaña (coñecido localmente co nome de vedalers) que estiveron en activo ata ben entrado o século XVII. Dende entón e ata os anos cincuenta do século XX, as montañas que configuran o actual parque van sufrir a maior influencia humana. Así os pozos de xeo, as explotación labregas, a explotación do carbón e a deforestación van modificar a fisionomía e aspecto da paisaxe. Co abandono das terras, o bosque vai recuperar terreos perdidos. Dende entón e ata a creación oficial do parque no ano 2001, a caza excesiva e os posibles incendios van constituír os dous maiores perigos ambientais da zona.

Fauna editar

Son numerosas as especies animais de interese do parque. Porén, sen dúbida, o animal máis emblemático do parque é a Cabra montesa (Capra pirenaica, ssp hispanica). Historicamente sempre sufriu a competencia do gando doméstico, mais a caza indiscriminada no século XX vai poñer en perigo a supervivencia da especie. Para evitalo vaise crear no 1966 a Reserva Nacional de caza de Ports de Tortosa-Beseit. A comezos do século XXI a súa poboación estímase ó redor dos 5.000 individuos. Outras especies como o Quebraosos, o voitre branco ou o corzo extinguíronse durante o século XIX. Actualmente os dous primeiros só son observables durante os procesos de migración; porén o corzo foi reintroducido con éxito a partir de individuos dos Pireneos.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Guies Il.lustrades de natura. Flora i fauna del Parc Natural Els Ports. Toni Llobert François. Editorial Brau. Xaneiro 2010 (en catalán)

Ligazóns externas editar