Coordenadas: 40°48′45″N 0°31′16″L / 40.81250, -0.52111

Tortosa é un concello de Cataluña, pertencente á provincia de Tarragona. Está localizado na comarca de Baix Ebre, da que é capital.

Tortosa
Vista da cidade
Localización
Tortosa en Cataluña
Tortosa
Tortosa
Tortosa en Provincia de Tarragona
Tortosa
Tortosa
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCataluña Cataluña
Provincia Tarragona
ComarcaBaix Ebre
Xeografía
Altitude14 msnm
Superficie218,45 km²
Demografía
Poboación33 932 hab. (2014)
Densidade155,33 hab./km²
XentilicioTortosí, tortosina
Outros datos
Código postal43500
AlcaldeJordi Jordan Farnós (Movem Tortosa)
Páxina oficial

Historia e características editar

 
O Ebro ao seu paso por Tortosa

É sé episcopal e constitúe un importante centro agrícola, comercial e industrial. O municipio constitúeno a cidade de Tortosa e as localidades de Jesús, Bítem, els Reguers, Campredó e Vinallop. Tortosa é cabeza de partido xudicial (ata 1923 foi distrito electoral, xunto a Roquetes e Gandesa, escollendo 1 deputado a Cortes desde 1846) e na actualidade teñen a súa sede nela boa parte dos servizos territoriais da Generalitat de Cataluña nas Terres de l'Ebre ao configurarse o seu territorio como vigairía.

O 31 de decembro de 2005 o padrón municipal de habitantes reflectía unha poboación de 36.430 habitantes. En novembro de 2007 ascendía a 39.774 habitantes (26,7% estranxeiros). Tortosa constitúe unha conurbación urbana coa veciña localidade de Roquetes agrupando a uns 40.000 habitantes.

Tortosa ten numerosos restos de arquitectura militar, debido a súa situación estratéxica no baixo Ebro.

Patrimonio arquitectónico editar

Museos, arquivos e centros culturais editar

  • Museo de Tortosa
  • Parque escultórico "Jardines del Príncipe"
  • Igrexa de San Antón (rúa Moncada), dedicada á Semana Santa.
  • Arquivo histórico (colexio de Santiago)
  • Arquivo capitular
  • Arquivo Diocesano de Tortosa
  • Refugio número 4

Parques e xardíns editar

  • Parque Teodoro González
  • Jardines del Príncipe (antiguo Balneario de M. Porcar)

Galería de imaxes editar

 
Fachada da catedral.
Fachada da catedral. 
 
Colexio de Santiago (arquivo).
Colexio de Santiago (arquivo). 
 
Palacio Episcopal.
Palacio Episcopal. 
 
Castelo de la Zuda (Parador).
Castelo de la Zuda (Parador). 
 
Lonxa (parque T. González)
Lonxa (parque T. González) 
 
Vía verde (ponte do ferrocarril).
Vía verde (ponte do ferrocarril). 

Cidades irmandadas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar