O Baix Ebre (en galego: Baixo Ebro) é unha comarca da provincia de Tarragona, en Cataluña. Está situada na desembocadura do río Ebro e a súa capital é Tortosa. En 2009 tiña 81.724 habitantes.

Localización da comarca en Cataluña
A Serra del Port desde o Delta do Ebro

A comarca limita co Baix Camp, a Ribera d'Ebre e a Terra Alta polo norte, co mar Mediterráneo polo leste, coa comarca do Montsià polo sur e coa Terra Alta e o Matarranya polo oeste.

Concellos editar

Actualmente a comarca está formada por 14 concellos. Ata 1990, cando pasou ao Montsià, o concello de Sant Jaume d'Enveja pertenceu ó Baix Ebre.

Concello Poboación
(hab.)
L'Aldea 3.927
Aldover 946
Alfara de Carles 389
L'Ametlla de Mar 7.071
L'Ampolla 2.662
Benifallet 808
Camarles 3.479
Deltebre 11.063
Paüls 607
El Perelló 2.895
Roquetes 7.689
Tivenys 926
Tortosa 34.832
Xerta 1.296

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar