Parque Natural de Els Ports
O Parque Natural de Els Ports (Parque Natural dos Portos en tradución directa ó galego) atópase en Cataluña e esténdese polo suroeste da provincia de Tarragona (comarcas de Terra Alta, Baix Ebre e Montsià). Limita coas provincias de Teruel (Aragón) e Castelló (Valencia).
Tipo | parque natural espazo natural protexido parque natural | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Terres de l'Ebre, España, Provincia de Tarragona, España, Baix Ebre, España, Montsià, España, Terra Alta, España e Cataluña, España | |||
| ||||
Cordilleira | Ports de Tortosa-Beseit (en) | |||
Características | ||||
Superficie | 35.050 ha 35.404,4537 ha | |||
Categoría V da UICN: paisaxe protexida/paisaxe mariña | ||||
World Database on Protected Areas | ||||
Identificador | 348975 | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 2001 | |||
Historia
editarA zona actual do parque foi poboada polo ser humano dende tempos prehistóricos. Así o testemuñan as pinturas rupestres e restos humanos atopados nas covas das montañas. Posteriormente os iberos e os árabes estiveron tamén presentes no macizo. Mais vai ser na Idade Media, co aproveitamento da madeira, a agricultura e a gandería extensiva, cando a presenza humana se vai incrementar. Nestes tempos apareceu o primeiro intento coñecido de protección e ordenación do territorio. Así en Tortosa naceu un corpo de gardas de montaña (coñecido localmente co nome de vedalers) que estiveron en activo ata ben entrado o século XVII. Dende entón e ata os anos cincuenta do século XX, as montañas que configuran o actual parque van sufrir a maior influencia humana. Así os pozos de xeo, as explotación labregas, a explotación do carbón e a deforestación van modificar a fisionomía e aspecto da paisaxe. Co abandono das terras, o bosque vai recuperar terreos perdidos. Dende entón e ata a creación oficial do parque no ano 2001, a caza excesiva e os posibles incendios van constituír os dous maiores perigos ambientais da zona.
Fauna
editarSon numerosas as especies animais de interese do parque. Porén, sen dúbida, o animal máis emblemático do parque é a Cabra montesa (Capra pirenaica, ssp hispanica). Historicamente sempre sufriu a competencia do gando doméstico, mais a caza indiscriminada no século XX vai poñer en perigo a supervivencia da especie. Para evitalo vaise crear no 1966 a Reserva Nacional de caza de Ports de Tortosa-Beseit. A comezos do século XXI a súa poboación estímase ó redor dos 5.000 individuos. Outras especies como o Quebraosos, o voitre branco ou o corzo extinguíronse durante o século XIX. Actualmente os dous primeiros só son observables durante os procesos de migración; porén o corzo foi reintroducido con éxito a partir de individuos dos Pireneos.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Guies Il.lustrades de natura. Flora i fauna del Parc Natural Els Ports. Toni Llobert François. Editorial Brau. Xaneiro 2010 (en catalán)
Ligazóns externas
editar- http://parcsnaturals.gencat.cat/ca/portsArquivado 12 de agosto de 2014 en Wayback Machine.