Ribera d'Ebre
A Ribera d'Ebre (Ribeira de Ebro) é unha comarca da provincia de Tarragona, no suroeste de Cataluña. A súa capital é Móra d'Ebre. En 2009 tiña 24.004 habitantes.

Localización da comarca en Cataluña.
A comarca limita ao norte co Segrià e as Garrigues, ao leste co Priorat e o Baix Camp, polo sur co Baix Ebre, e polo oeste coa Terra Alta e a comarca aragonesa do Matarraña.
ConcellosEditar
Actualmente a comarca está formada por 14 concellos.
Concello | Poboación (hab.) |
---|---|
Ascó | 1.616 |
Benissanet | 1.249 |
Flix | 4.006 |
Garcia | 553 |
Ginestar | 1.052 |
Miravet | 795 |
Móra d'Ebre | 5.232 |
Móra la Nova | 3.189 |
La Palma d'Ebre | 421 |
Rasquera | 934 |
Riba-roja d'Ebre | 1.332 |
Tivissa | 1.781 |
La Torre de l'Espanyol | 681 |
Vinebre | 478 |
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ribera d'Ebre |