Matarranya
Matarranya (Matarraña en castelán e oficialmente Matarraña/Matarranya[1]) é unha comarca de Aragón, en España, situada ao leste da provincia de Teruel. A capital administrativa é Valderrobres e a cultural é Calaceite.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Aragón | ||||
Provincia | Provincia de Teruel | ||||
Capital | Valderrobres | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 8.196 (2019) (8,78 hab./km²) | ||||
Lingua usada | lingua catalá | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 933 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Municipios
editarA comarca engloba aos municipios de Arens de Lledó, Beceite, Calaceite, Cretas, Fórnoles, La Fresneda, Fuentespalda, Lledó, Mazaleón, Monroyo, Peñarroya de Tastavins, La Portellada, Ráfales, Torre de Arcas, Torre del Compte, Valdeltormo, Valderrobres e Valjunquera.
Xeografía
editarLimita ao norte co Bajo Aragón-Caspe, ao leste coa provincia de Tarragona, ao sur coa provincia de Castelló e ao oeste co Bajo Aragón. A bisbarra de Matarraña adóitase considerar parte do Bajo Aragón Histórico.
Linguas
editarPertence á chamada Franja de Ponent, e en todos os municipios a lingua local está entre as variedades clasificadas como dialectos do catalán.
Notas
editar- ↑ DECRETO LEXISLATIVO 2/2006 Arquivado 23 de abril de 2009 en Wayback Machine., de 27 de decembro, do Goberno de Aragón, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Delimitación Comarcal de Aragón.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Matarranya |