Matarranya

(Redirección desde «Matarraña»)

Matarranya (Matarraña en castelán e oficialmente Matarraña/Matarranya[1]) é unha comarca de Aragón, en España, situada ao leste da provincia de Teruel. A capital administrativa é Valderrobres e a cultural é Calaceite.

Localización da comarca en Aragón.
Concellos da comarca.

MunicipiosEditar

A comarca engloba aos municipios de Arens de Lledó, Beceite, Calaceite, Cretas, Fórnoles, La Fresneda, Fuentespalda, Lledó, Mazaleón, Monroyo, Peñarroya de Tastavins, La Portellada, Ráfales, Torre de Arcas, Torre del Compte, Valdeltormo, Valderrobres e Valjunquera.

XeografíaEditar

Limita ao norte co Bajo Aragón-Caspe, ao leste coa provincia de Tarragona, ao sur coa provincia de Castelló e ao oeste co Bajo Aragón. A bisbarra de Matarraña adóitase considerar parte do Bajo Aragón Histórico.

LinguasEditar

Pertence á chamada Franja de Ponent, e en todos os municipios a lingua local está entre as variedades clasificadas como dialectos do catalán.

NotasEditar

  1. DECRETO LEXISLATIVO 2/2006 Arquivado 23 de abril de 2009 en Wayback Machine., de 27 de decembro, do Goberno de Aragón, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Delimitación Comarcal de Aragón.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar