Deltebre
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2014.) |
Coordenadas: 40°43′10″N 0°42′30″L / 40.71944, -0.70833
Deltebre é un municipio de Cataluña, pertencente á provincia de Tarragona, na comarca do Baix Ebre. Formouse en 1981 pola unión dos municipios de Jesús i María e La Cava que, á súa vez, se sedgregaran de Tortosa en 1977. É a poboación máis próxima á desembocadura do río Ebro. Segundo o INE, no 2006 tiña 10 811 habitantes.
Deltebre | ||
---|---|---|
Arrozal en Deltebre. | ||
Localización | ||
País | ![]() | |
Comunidade autónoma | ![]() | |
Provincia | ![]() | |
Comarca | Baix Ebre | |
Xeografía | ||
Altitude | 6 msnm | |
Superficie | 107,4 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 11 831 hab. (2014) | |
Densidade | 110,16 hab./km² | |
Xentilicio | Deltebrenc/a | |
Outros datos | ||
Código postal | 43580 | |
Alcalde | José Emilio Bertomeu i Rio | |
Páxina oficial |
HistoriaEditar
Coñécese pouco sobre a historia de Deltebre. Segundo a tradición, foron os mouriscos os primeiros que se instalaron na zona. A mediados do século XVIII existían algúns asentamentos temporais na zona do delta.
En 1818 construíuse a igrexa de San Miguel da Cava e a poboación empezou a organizarse ao redor da mesma. O municipio formouse en 1977 por unión dos de Jesús i María e La Cava.
CulturaEditar
O termo municipal inclúe tres espazos considerados de interese natural: a punta do Fangar, que inclúe un porto e unha praia; a lagoa da Canle Vella e a zona coñecida como o Garchal formada por pequenas illas.
Conta cun ecomuseo destinado a orientar aos visitantes que realizan excursións polo parque natural do Delta do Ebro.
Deltebre celebra a súa festa maior no mes de agosto. En maio ten lugar unha celebración en conmemoración da segregación do municipio.
Deltebre ten dúas publicacións dirixidas á cidadanía: Desaigüe está destinada a toda a poboación en xeral, con noticias sobre a vila, a súa gastronomía, as actividades culturais e lúdicas, as novas construcións municipais etc. I per què? está destinada á mocidade, con seccións de música, literatura, cultura e actividades por e para a xuventude.
EconomíaEditar
A finais do século XIX, e tras a construción da canle do Ebro, o cultivo do arroz converteuse na principal actividade agrícola en Deltebre, converténdose practicamente nun monocultivo. Existen algunhas explotacións familiares de produtos da horta. Desde 1955 conta cunha cooperativa arroceira.
Cidades irmandadasEditar
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Deltebre |