Sant Cugat del Vallès
Sant Cugat del Vallès é unha cidade e municipio catalán da provincia de Barcelona. Pertence á comarca do Vallès Occidental. Situado entre a Serra de Collserola e a Serra de Galliners, limita con Barcelona polo sueste.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
Provincia | provincia de Barcelona | ||||
Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | ||||
Comarca | Vallès Occidental ![]() | ||||
Capital | Sant Cugat del Vallès (en) ![]() ![]() | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 98.621 (2024) ![]() | ||||
Número de fogares | 126 (1553) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua catalá ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 48,2 km² ![]() | ||||
Bañado por | Riera de Rubí (en) ![]() ![]() | ||||
Altitude | 124 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde ![]() | Josep Maria Vallès i Navarro (pt) ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 08172–08174 e 08195–08198 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 08205 ![]() | ||||
Código territorial IDESCAT | 082055 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | santcugat.cat ![]() | ||||
![]() |
Ten 81.745 habitantes segundo cifras oficiais do INE do ano 2010. É a terceira cidade máis poboada do Vallès Occidental logo das capitais Sabadell e Terrassa e a décima máis poboada da provincia de Barcelona.
Historia
editarCara ao século IV, no lugar onde hoxe se atopa o mosteiro de Sant Cugat, xa se atopaba unha fortaleza romana, posteriormente coñecida como Castrum Octavianum, que protexía o cruzamento da Vía Augusta coa vía de Egara (Terrassa) a Barcino (Barcelona). A tradición cristiá sitúa neste lugar onde, no ano 313 foi martirizado Cucuphas (Cugat), vindo de África para predicar a fe cristiá en territorio romano. A construción do mosteiro no século IX contribuíu ao crecemento do pobo durante a idade media. A principios do século XX, a chegada dos Ferrocarrís de Cataluña en 1917 induciu que o pobo cambiase o seu carácter rural por un máis urbano e estival, coa creación de varios núcleos de casas de veraneo. Durante a República, entre 1936 e 1939 o nome oficial da poboación foi Pins del Vallès.
Trala transición, o municipio acolleu varias institucións importantes, como os estudos de Televisión Española en Cataluña, a sede do C.A.R. (Centro de Alto Rendemento), no que se adestran deportistas de elite, e a sede do Arquivo Nacional de Cataluña.
Actualmente Sant Cugat ten un dos PIB per cápita máis altos de España, así como un elevado índice de natalidade.
Demografía
editarNa primeira década do século XXI Sant Cugat creceu preto de 30.000 habitantes. No ano 2000 tiña 52.654 habitantes empadroados, mentres que en 2010 a súa poboación é de 81.745 habitantes, 11.600 deles estranxeiros.
A poboación española creceu, pero ao mesmo tempo a poboación de nacionalidade estranxeira tamén creceu notablemente. No 2000 representaba o 4,4% da súa poboación e en 2010 o 14,2%. Destes 11.600 estranxeiros o 46% é procedente de América Latina.
1900 | 1930 | 1950 | 1970 | 1981 | 2000 | 2008 |
---|---|---|---|---|---|---|
2.120 | 5.190 | 6.992 | 20.669 | 31.184 | 52.654 | 76.274 |
Distritos
editarSant Cugat del Vallès está formado por cinco barrios ou distritos: Sant Cugat del Vallès, Mira-sol, Valldoreix, La Floresta e Les Planes.
O barrio de les Planes está dividido en dous, unha parte pertencente a Sant Cugat e a outra a Barcelona.
Lista de poboación por distritos:
Distrito | Habitantes (2010) |
---|---|
Sant Cugat del Vallès | 56.555
|
Mira-sol | 11.928
|
Les Planes | 1.217
|
La Floresta | 4.446
|
Valldoreix | 7.599
|
Fonte: INE |
Lugares de interese
editar- Mosteiro de Sant Cugat. Románico. Século IX
- Ermida de Sant Medir. Románico. Século X
- Ermida de Sant Adjutori. Románico. Século X
- Torre negra. Románica. Século XII
- Ponte de Can Vernet. Gótico. Século XIV
- Casa Armet. Modernista. Ano 1898
- Casa Lluch. Modernista. Ano 1906
- Mercado de Pere San. Modernista. Ano 1911
Galería de imaxes
editar-
A plaça Octavià nevada
-
Celler cooperatiu
-
Mosteiro de Sant Cugat
-
Ermida de Sant Adjutori
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sant Cugat del Vallès |