Sant Quirze del Vallès
Sant Quirze del Vallès é un municipio pertencente á provincia de Barcelona, na comarca do Vallès Occidental, en Cataluña. A localidade está situada a 25 km de Barcelona e limita con outras grandes cidades como Sabadell, Rubí, Terrassa ou Sant Cugat del Vallès.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
Provincia | provincia de Barcelona | ||||
Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | ||||
Comarca | Vallès Occidental ![]() | ||||
Capital | Sant Quirze del Vallès (en) ![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 20.161 (2024) ![]() | ||||
Número de fogares | 17 (1553) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua catalá ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 14,1 km² ![]() | ||||
Bañado por | Riera de Rubí (en) ![]() ![]() ![]() | ||||
Altitude | 188 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Santo padrón | Santa Julita e São Ciro (pt) ![]() ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa ![]() | Elisabeth Oliveras i Jorba (2023–) ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 08192 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 08238 ![]() | ||||
Código territorial IDESCAT | 082384 ![]() | ||||
Sitio web | santquirzevalles.cat ![]() |
Historia
editarAtopáronse importantes restos arqueolóxicos dentro do termo municipal que demostran a presenza humana na zona desde o neolítico, fai 6.000 anos. Probablemente estas primeiras sociedades establecésense neste lugar aproveitando os recursos naturais e o relevo suave do terreo, propicio para a agricultura e a gandería.
A orixe de Sant Quirze como pobo se remonta na Idade Media, en principio cunha poboación diseminada en masías e vilas, e máis tarde a construción de casas ao redor da parroquia. Nese tempo a parroquia e o territorio que o rodeaba dependían do castelo de Terrassa.
A economía do municipio baseouse tradicionalmente na agricultura, especialmente no cultivo da vide realizado nas distintas masías dispersas por todo o termo, existentes ata fai ben pouco. Hoxe en día aínda é posible atopar algunhas que sobreviviron o paso do tempo, como Can Feliu, Can Barra ou Can Vinyals.
A comezos do século XX, a súa poboación compaxinaba o traballo nas fábricas das cidades veciñas co cultivo da terra. A proximidade da cidade de Sabadell, a construción da estación do ferrocarril e o asentamento progresivo de diferente industrias nos arredores do municipio, provocaron un cambio na actividade agrícola. Desde finais dos setenta, Sant Quirze experimentará unha notable expansión e incremento da poboación coa construción de urbanizacións tales como Vallès Parc, Sant Quirze Jardí ou Mas Duran, e coa chegada de familias novas procedentes na súa maioría de Barcelona. Actualmente, Sant Quirze é un municipio de servizos e fundamentalmente residencial.
Demografía
editarSant Quirze del Vallès. Gráfica de poboación. 1900-2006 |
---|
![]() |
Lugares de interese
editar- Sant Feliuet de Vilamilans: pequeno templo prerrománico dunha nave con planta en cruz e tres ábsidas. Aparece nos documentos desde finais do século X.
- Igrexa de Sant Quirze e Santa Julieta: consagrada en 1050 polo bispo de Barcelona, foi remodelada no século XVII.
- La Patronal: edificio de estilo modernista edificado en 1922. Durante os seus primeiros anos foi punto de encontro da xente acomodada da localidade.
- Cooperativa Agrícola: edificio modernista de 1927, punto de encontro da clase traballadora do pobo.
- Torre Julià: casa modernista no barrio de Les Fonts.
- Casa de Cultura Vila-Puig: casa natal do pintor Joan Vila-Puig, rehabilitada en 2002.
Festividades
editar- Pase de San Antonio, en xaneiro.
- Carnaval
- Aplec del Mussol
- Festas patronais de Sant Quirze e Santa Julieta, o 16 de xuño.
- Festa maior, en setembro.
Galería de imaxes
editar-
La Patronal
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Sant Quirze del Vallès |