Masía
Unha masía (en catalán: masia ou mas, en aragonés: pardina) é un tipo de construción rural, propia especialmente dos territorios da antiga Coroa de Aragón, que ten a súa orixe nas vilas romanas. Son construcións illadas, ligadas a unha explotación agrícola e gandeira de tipo familiar.

Co paso do tempo, os materiais utilizados para construír masías foron variando, condicionados, en boa parte, pola súa localización. En zonas montañosas, utilizábase a pedra sen puír, excepto para os arcos de portas e fiestras, onde se empregaba a pedra picada. Durante a Idade Media, utilizábase o barro como morteiro, material que foi substituído despois por cal ou cemento. Nos lugares nos que non abundaba a pedra, utilizábase o adobe para a construción das masías.
A maioría das masías teñen a súa fachada principal orientada cara o sur. As construcións anteriores ao século XVI teñen unha porta de entrada de doela, mentres as construídas ata o século XVIII son de lintel. A súa altura non adoitaba superar os 5 metros e a cobertura realizábase cun conxunto de vigas de madeira colocado de forma perpendicular á fachada. Nos Pireneos e outras zonas montañosas, a cubrición adoitaba ser de lousa. O tellado tiña normalmente dúas vertentes.
A construción adoitaba ter dúas plantas, coa planta baixa reservada para as tarefas propias do campo e o piso superior destinado a vivenda. Se había outro piso por enriba deste, era utilizado habitualmente como celeiro.
Numerosas masías transformáronse en casas adaptadas para o turismo rural e a hostalaría.
Galería de imaxesEditar
A masía Can Taxonera en Arenys de Mar
A reitoría de Premià de Dalt, do século XVII
O Mas Fabregas del Bosc en L'Ametlla del Vallès
Mas Dorca en L'Ametlla del Vallès
Can Mora, en Sant Vicenç de Montalt
Masia de la Teijería, en Olocau del Rey
Can Pages Vell en L'Ametlla del Vallès
Can Masdeu, na serra de Collserola
Masía en Xàbia
BibliografíaEditar
- Varios autores; Gran enciclopèdia catalana, Ed. Enciclopèdia catalana, Barcelona, ISBN 84-85194-81-0
- Soldevila, Ferran et alt; Història de Catalunya, Selecta-Catalònia, Barcelona, 1989 ISBN 84-7667-045-1