Barro

concello da comarca de Pontevedra, na provincia de Pontevedra

Coordenadas: 42°31′24.97″N 8°38′15.59″O / 42.5236028, -8.6376639

Barro é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. Segundo o IGE no ano 2016 tiña 3.746 habitantes (1.862 homes e 1.884 mulleres), o que representa un aumento respecto a 2005, cando contaba con 3.408 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é barrés ou barroso [8]. Dende as Eleccións Municipais do ano 2015 o seu alcalde é Xosé Manuel Fernández Abraldes (BNG)

Barro
Escudo de Barro
Casa do Concello.
Situación
Xentilicio[1]barrés/barresa
barroso/barrosa
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca de Pontevedra
Poboación3.637 hab. (2022)[2][3]
Área37,6 km²[3]
Densidade96,73 hab./km²
Entidades de poboación6 parroquias[4]
Capital do concelloSan Antoniño
Política (2023 [5])
AlcaldeXosé Manuel Fernández Abraldes (BNG[6])
ConcelleirosBNG: 5
PPdeG: 1
PSdeG-PSOE: 3
Outros: PX´S: 2
Eleccións municipais en Barro
Uso do galego[7] (2011)
Galegofalantes69,08%
Na rede
www.barro.es
editar datos en Wikidata ]

Demografía Editar

Censo total 2015 3.726 habitantes
Menores de 15 anos 511 (13.71 %)
Entre 15 e 64 anos 2.378 (63.82 %)
Maiores de 65 anos 837 (22.46 %)
Evolución da poboación de Barro   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021
5.267 5.245 6.442 4.975 3.380 3.583 3.668 {{{13}}} {{{14}}} {{{15}}} {{{16}}} {{{17}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía Editar

Os seus límites son, polo sur, os municipios de Poio e Pontevedra, polo leste, o de Moraña; ao norte, o de Portas e, polo oeste, Meis.

Historia Editar

Os primeiros restos humanos datan da cultura castrexa, atopados no castro Bandufe e Monte da Chan(Agudelo). Coa romanización a zona comezou a cobrar importancia, ao estar atravesada de norte a sur pola vía XIX (Aquis celenis) do itinerario de Antonino. Dita vía é paralela ou similar á vía portuguesa do camiño de Santiago e á estrada N-550.

Segundo o censo de Floridablanca, durante o antigo réxime as parroquias do actual concello de Barro pertencían á xurisdición de Peñaflor, na provincia de Santiago. Trala constitución española de 1812 e a demarcación dos concellos, Barro pertenceu ao municipio de Trasumia e ao partido xudicial de Caldas de Reis. En 1822, cando Galiza pasou a ter 4 provincias, seguiu existindo o concello de Trasumia. Foi suprimido polo Decreto de Fernando VII do 1 de outubro de 1823, que retomaba a organización do Antigo Réxime.
O 23 de xullo de 1835 dispúxose por real Decreto a formación de novos concellos. O 23 de agosto de 1835 propúxose a creación do concello de Barro, con sete parroquias e 2.459 habitantes. Unha vez constituída a Deputación de Pontevedra, o 22 de xuño de 1836 propuxo que o concello de Barro tivese seis parroquias, pasando a de Romai ao concello de Portas. O concello quedou finalmente constituído no Boletín Oficial da Provincia do 3 de decembro de 1836.

A capital do concello estivo en Porráns até 1900, cando pasou a Santo Antoniño.

Patrimonio histórico-artístico Editar

 
Cruceiro de Valbón (Agudelo).
  • Petróglifos do monte Bazar, en Portela. Son tres conxuntos, denominados de Castro Loureiro, de Outeiro de Codeso e do Outeiro da Pedra Mirtada.
  • Castros de Barro e de Randulfe.
  • Vía romana XIX, Aquis Celenis.
  • Igrexa románica de San Martiño de Agudelo, da segunda metade do século XII, moi modificada posteriormente.
  • Igrexa de Santa María de Curro, de comezos do XVI en estilo oxival tardío.

Tamén existen pazos (como o da Crega, en Santo Antoniño, Perdecanai), cruceiros e muíños.

O Camiño Portugués cruza o concello de sur a norte, en paralelo á estrada N-550. Na parroquia de Portela existe un albergue de peregrinos adaptado sobre unha vella escola.

Neste concello ten a súa sede a Banda de música Xuvenil de Barro, formada no ano 1992.

A festa do patrón do concello, San Martiño, celébrase o 11 de novembro. O primeiro domingo de outubro celébrase a romaría de San Breixo, avogoso contra a reuma. O terceiro domingo de xuño celébrase a festa do viño de Barro, fundada a finais da década de 1970.

Patrimonio natural Editar

Destaca o Parque da Natureza do Río Barosa, unha carballeira en desnivel pola que baixa a fervenza que forma o río Barosa, que se aproveitaba antigamente mediante dezasete muíños, algúns deles rehabilitados. O espazo tamén está axeitado para as visitas como zona de lecer.

Galería de imaxes Editar

Artigo principal: Galería de imaxes de Barro.

Parroquias Editar

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Barro

Agudelo (San Martiño) | Barro (San Breixo) | Curro (Santa María) | Perdecanai (Santa María) | Portela (San Mamede) | Valiñas (Santo André)

Lugares de Barro Editar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Barro vexa: Lugares de Barro.

Notas Editar

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Barro".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2023" (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2023. 
  6. "El PSdeG gobernará sobre 1,2 millones de gallegos, el PP a 667.000, y el BNG a 360.000". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2023. 
  7. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  8. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 42. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7

Véxase tamén Editar


 
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.