Romai, Portas
San Xián de Romai é unha parroquia que se localiza no concello de Portas. Segundo o IGE en 2010 tiña 979 habitantes (518 mulleres e 461 homes), 18 menos ca en 1999. Ten doce entidades de poboación.
Romai | |
---|---|
Igrexa de San Xián de Romai | |
Concello | Portas[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°33′16″N 8°40′53″O / 42.55454702, -8.68141903 |
Poboación | 958 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 17[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Patrimonio
editarHoubo un poboado castrexo no Peso, en Romai Vello. Nel atopouse unha ara votiva romana, conservada no Museo de Pontevedra.
A igrexa parroquial é de orixe románica. A fachada ten a portada de arco apuntado e dobre arquivolta. No interior do templo hai un arco triunfal de medio punto. Preto do templo hai un cruceiro coa imaxe da Virxe das Dores, e hai outro máis no lugar de Cubelo.
Na década de 1980 construíuse un velódromo en terreos da comunidade de montes.[2]
Galería de imaxes
editar-
Igrexa de Romai.
-
Campo de fútbol e velódromo.
-
Base do cruceiro onda a igrexa de Romai
-
Panel de baldaquino na igrexa de San Xián de Romai
-
San Xián o Hospitaleiro, na igrexa de San Xián de Romai.
Lugares e parroquias
editarLugares de Romai
editarLugares da parroquia de Romai no concello de Portas (Pontevedra) | |
---|---|
Bacelo | A Cachada | O Casal | O Castro | Chan de Outeiro | A Costa | Covelo | Currás | Frieiro | Mourigán | Porto do Salto | Quintáns | Romai Vello | Tarrío | Tras do Río | Vilavedra | Xagobe |
Parroquias de Portas
editarGalicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Portas | |
---|---|
Briallos (San Cristovo) | Lantaño (San Pedro) | Portas (Santa María) | Romai (San Xián) |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ David Acevedo (30 de outubro de 2023). "O soño que envelleceu mal". Diario de Pontevedra.