Breixo, mártir

mártir cristián
(Redirección desde «Breixo mártir»)

Breixo mártir ou San Breixo[1] de Lisboa é un santo do século III da Igrexa Católica cuxa festividade litúrxica se celebra o 1 de outubro. Foi especialmente venerado na Gallaecia e na Lusitania e máis tarde no Reino de Galicia e no Reino de Portugal. Nos territorios da actual Galicia e Portugal existen aínda un número considerable de parroquias e lugares baixo súa a advocación. O mosteiro de Santos-o-Novo de Lisboa garda as principais das súas reliquias.

Modelo:BiografíaBreixo, mártir

Escultura de San Breixo na fachada da igrexa de Oza, Carballo. Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo III Editar o valor en Wikidata
Morteséculo III Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, decapitación Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
Período de tempoBaixo Imperio Romano Editar o valor en Wikidata

As súas irmás Xulia e Máxima convertérono ao cristianismo. Adicaban a súa vida á acollida de pobres e doentes. Durante a persecución de Diocleciano desafiaron a autoridade imperial e fixeron pública a súa fe cristiá. Foron torturados con vergallazos, láminas de lume e cravos. Como non declinaron a súa actitude rebelde nin acataron os edictos imperiais, foron arrastrados polas rúas e, finalmente, decapitados. Ordenouse que os seus cadáveres ficasen insepultos para seren devorados polas alimañas. Pero estas respectaron os corpos. Ordenouse, xa que logo, guindalos ao mar, pero o mar devolveunos á ribeira. Por fin, algúns cristiáns sepultáronos clandestinamente.

Fontes

editar

Ademais da tradición nacional galaico-portuguesa, existen referencias á súa condición de mártir no Martyrologium de Usuardo que se remonta ao século IX. O seu martirio e os lendarios prodixios que o seguiron atópanse recollidos no Códice CV-23d depositado na Biblioteca de Évora.

  1. Coñecido en Portugal como São Veríssimo [1].

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar