Meis

concello da comarca do Salnés, na provincia de Pontevedra

Coordenadas: 42°31′6.30″N 8°42′13″O / 42.5184167, -8.70361

Meis é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo o INE, no ano 2016 contaba cunha poboación de 4.844 habitantes (2.313 homes e 2.531 mulleres), o que representa un descenso respecto a anos anteriores (5.006 en 2015, 5.033 en 2014 ou 5.007 en 2013). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «meisiños - meisense».

Meis
Escudo de Meis
Meis, 01-01a.JPG
Casa do Concello.
Situacion Meis.PNG
Situación
Xentilicio[1]meisiños - meisense
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca do Salnés
Poboación4.735 hab. (2022)[2][3]
Área52,4 km²[3]
Densidade90,36 hab./km²
Entidades de poboación7 parroquias[4]
Capital do concelloO Mosteiro
Política (2019[5])
AlcaldesaMarta Giráldez Barral (PSdeG-PSOE[6])
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 5
Eleccións municipais en Meis
Uso do galego[7] (2011)
Galegofalantes69,12%
Na rede
http://www.meis.gal/
editar datos en Wikidata ]

A capital municipal localízase no lugar do Mosteiro, da parroquia de San Vicente de Meis.

PoboaciónEditar

Evolución da poboación de Meis   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021
4.503 4.906 5.490 5.213 5.004 5.002 4.988 4.992 5.007 5.033 5.006 4.844 {{{13}}} {{{14}}} {{{15}}} {{{16}}} {{{17}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

XeografíaEditar

Limita ao norte con Vilanova de Arousa e Portas, ao leste con Barro e Pontevedra, ao sur con Poio e Meaño, e ao oeste con Ribadumia.

PatrimonioEditar

 
Labirinto no petróglifo de Outeiro de Cribo.

Existen restos da cultura castrexa no monte Castrove, no que tamén se sitúan os petróglifos de Outeiro de Cribo.

O mosteiro da Armenteira foi fundado no século XII, e a igrexa do recinto foi reconstruída entre os séculos XVI e XVIII. A capela de Santa María de Nogueira pertenceu a un antigo mosteiro. As igrexas de San Martiño de Meis e San Salvador son do século XII. A igrexa de Paradela conserva a ábsida románica. O templo de Santo Tomé de Nogueira ten frescos do século XVI. A igrexa de Nogueira ten un retablo de pedra.

Ademais de tres pazos situados na parroquia de Paradela: o pazo de Señoráns, o pazo de Pompeán e o de Quintáns, destacan os antigos muíños fluviais, destacando o conxunto de Arcos.

TurismoEditar

A celebración da Semana Santa de Paradela, unha das parroquias do concello, foi declarada festa de interese turístico galego.

Festas gastronómicasEditar

  • Festa dos Callos: no lugar do Mosteiro, en xullo.
  • Festa da Carne de Poldro: o 15 de agosto, tamén no Mosteiro. Celébrase desde o 2006, coincidindo coa Feira Anual do Cabalo.

ComunicaciónsEditar

Por Meis pasa a Autovía do Salnés AG-41, que comunica Barro e Sanxenxo e a estrada comarcal PO-300, que comunica Meis e Cambados.

Meis na literatura popularEditar

  • Indo para Santa Baia,/ formigueiro de formigas,/ vindo para San Martiño/ ¡ai que lindas raparigas! [8].
  • Ó subila e ó baixala/ a costa de Lantañón,/ ó subila e ó baixala/ perdín o pano mantón [9].

Galería de imaxesEditar

Artigo principal: Galería de imaxes de Meis.

ParroquiasEditar

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Meis

A Armenteira (Santa María) | Meis (San Salvador) | Nogueira (San Vicente) | Paradela (Santa María) | San Lourenzo de Nogueira (San Lourenzo) | San Martiño de Meis (San Martiño) | San Tomé de Nogueira (San Tomé)

Lugares de MeisEditar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Meis vexa: Lugares de Meis.

NotasEditar

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Meis".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Resultado eleccións 2019
  6. La nueva alcaldesa de Meis se libera a media jornada y asume Cultura y Turismo
  7. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  8. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], px. 172. As parroquias de San Martiño de Meis e de Santa Baia de Ribadumia son estremeiras.
  9. Lantañón é lugar de Paradela (Meis), pero a cantiga está recollida en Baión, parroquia de Vilanova que linda coa de Paradela. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 203. No texto: ô subila, ô baixala.

Véxase taménEditar


 
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.