Marta Giráldez Barral

política e avogada galega

Marta Giráldez Barral, nada en Paradela (Meis) en 1977, é unha política e avogada galega[1].

Infotaula de personaMarta Giráldez Barral
Biografía
Nacemento1977 Editar o valor em Wikidata (46/47 anos)
Paradela, España Editar o valor em Wikidata
Alcaldesa de Meis
2019 –
← José Luis Pérez Estévez Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogada , política Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido dos Socialistas de Galicia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Dirixe un bufete de avogados en Caldas de Reis. En 2007 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE ao concello de Meis pasando de 1 a 3 concelleiros e sendo a segunda forza máis votada, se ben non conseguiu acabar coa maioría absoluta do PPdeG. En 2011 repetiu os resultados de catro anos antes, e en 2015 conseguiu un novo avance ao pasar de 3 a 5 concelleiros, quedando o PPdeG con 7 á beira de perder a maioría absoluta tras un polémico reconto na mesa da Armenteira, sen cuxos resultados os populares terían complicado revalidar a maioría[2].

Nas municipais de 2019 encabezou de novo a candidatura socialista, conseguindo empatar a 5 concelleiros co PPdeG fronte a 1 do BNG, co que os populares perderon nesta ocasión a maioría absoluta. Desta forma, foi elixida alcaldesa ao contar co apoio do BNG na investidura, se ben non se constituíu un goberno de coalición entre ambas as forzas, gobernando os socialistas en minoría. En decembro de 2019 asumiu a presidencia da Mancomunidade do Salnés[3]. Nas municipais de 2023 foi reelixida alcaldesa con maioría absoluta.


Predecesor:
José Luis Pérez Estévez
  
Alcaldesa de Meis
 
2019 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar