Paradela, Meis

parroquia civil do concello de Meis

Santa María de Paradela é unha parroquia que se localiza no concello de Meis. Segundo o IGE, en 2016 tiña 934 habitantes (469 mulleres e 465 homes), o que representa un descenso continuado respecto ós anos 2010, cando tiña 960 habitantes, e 2005, cando eran 1 006 veciños.

Paradela
Meis, Paradela 01-02.JPG
Santa María de Paradela
ConcelloMeis[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°32′45″N 8°43′32″O / 42.54593435, -8.72541851Coordenadas: 42°32′45″N 8°43′32″O / 42.54593435, -8.72541851
Poboación934 hab. (2016)
Entidades de poboación26[1]
editar datos en Wikidata ]

A celebración da Semana Santa de Paradela foi declarada festa de interese turístico galego.

PatrimonioEditar

O pazo da Moroza é do século XVI. Ten planta en L, cunha torre ameada de tres pisos con dúas seteiras nos laterais. Pegada a ela hai unha plataforma elevada a xeito de zócolo. Na fachada ten gárgolas de pedra que sobresaen da parte alta dos esquinais da fachada. No interior consérvanse camas con dosel, a antiga lareira e cheminea, mobles isabelinos, bodega e unha biblioteca. O recinto ten unha capela unida ao muro exterior, un pombal circular e un hórreo.

No lugar de Outeiro hai un peto de ánimas incrustado no muro dunha casa, cun nicho rematado en arco de medio punto cunha cruz. A fornela conserva restos de policromía.

Paradela na literatura popularEditar

  • Ó subila e ó baixala/ a costa de Lantañón,/ ó subila e ó baixala/ perdín o pano mantón [2].

Galería de imaxesEditar

Lugares e parroquiasEditar

Lugares de ParadelaEditar

Lugares da parroquia de Paradela no concello de Meis (Pontevedra)

A Goulla | A Modia | A Moroza | A Raxadoira | As Portelas | Carregal | Casal do Río | Granxa do Sol | Lantañón | Liñares | Louriño | Mouxán | Muíño de Arriba | O Casal | O Cuartel | O Lugar | O Noval | Outeiro | Pedreira | Penaboi | Pompeán | Ponte Nova | Quintáns | Señoráns de Abaixo | Señoráns de Arriba | Vilanoviña

Parroquias de MeisEditar

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Meis

A Armenteira (Santa María) | Meis (San Salvador) | Nogueira (San Vicente) | Paradela (Santa María) | San Lourenzo de Nogueira (San Lourenzo) | San Martiño de Meis (San Martiño) | San Tomé de Nogueira (San Tomé)

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
  2. Lantañón é lugar de Paradela (Meis), pero a cantiga está recollida en Baión, parroquia de Vilanova que linda coa de Paradela. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 203. No texto: ô subila, ô baixala.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar