PO-300
A PO-300 é unha vía da Xunta de Galicia, que vai desde a estrada PO-531 en San Tomé de Nogueira (Meis) até a VG-4.3 en Cacabelos (Cambados).
PO-300 | |
---|---|
Tipoloxía | estrada convencional C-50 |
Rede | Rede de estradas de Galicia |
Lonxitude | 8,57 km |
Localización | |
Inicio | San Tomé de Nogueira, Meis PO-531 |
Fin | Cacabelos, Cambados VG-4.2 VG-4.3 PO-550 |
Concellos
|
PercorridoEditar
A estrada é un tramo do camiño entre Pontevedra e Cambados. Sae desde San Tomé de Nogueira, no concello de Meis, onde enlaza coa estrada PO-531 (Pontevedra-Vilagarcía de Arousa). Pasa polo Mosteiro, Rochela e Zacande nun tramo urbano. Despois de entrar no concello de Ribadumia cruza Portarís (Lois), Abelenda e A Costa (Leiro) até chegar a Ponte Arnelas.
Cruza o río Umia pola ponte de Santa Marta (antigamente pola ponte dos Padriños) e entra no concello de Vilanova de Arousa. Despois chega ao concello de Cambados por Oubiña, cruza o polígono industrial do Salnés e tras pasar Sameiro e Cacabelos chega a unha rotonda na que remata. Alí conecta coa VG-4.2 e a VG-4.3, e está prolongada pola estrada PO-550, que segue até A Lanzada.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Relación de estradas autonómicas na provincia de Pontevedra Arquivado 13 de setembro de 2019 en Wayback Machine., 22 de febreiro de 2018.