Rede de estradas de Galicia

rede de estradas da Xunta de Galicia

A Rede de estradas de Galicia ou, na súa denominación pola Xunta de Galicia, Rede Autonómica de Estradas de Galicia (RAEGA) comprende o conxunto de estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia.

Mapa de estradas de Galicia.
Estrada OU-311 na Mezquita cun sinal de fito quilométrico que xa non está recollido no catálogo oficial.

Está formada polas estradas cuxo itinerario discorre integramente no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e que non sexan de titularidade do estado español ou doutros organismos como concellos ou deputacións.

Nomenclatura

editar

As estradas da rede reciben un identificador conforme á nomenclatura establecida polo Regulamento Xeral de Circulación e a Lei de Estradas de Galicia:

Identificador Descrición
AG-XX Son as vías que entran na definición de autoestrada e de autovía. Identifícanse coas sinais de identificación de estradas S-410, S-570 e S-574. A velocidade máxima é de 120 km/h.[1]
CG-X.x Corredores. Cumpren moitas das condicións das AG, agás por que só dispoñen dunha calzada pola que circulan os dous sentidos do tráfico. Sinalízanse coa cor verde. A velocidade máxima é de 90 km/h. Non teñen cruzamentos a nivel. Moitos pensáronse para seren convertidos en autovía nun futuro.
VG-X.x Corredores curtos que dispoñen dunha calzada pola que circulan os dous sentidos do tráfico. Sinalízanse coa cor verde. A velocidade máxima é de 90 km/h, pero pode ser menor, xa que poden ter rotondas no seu percorrido.
AC-XXX
LU-XXX
OU-XXX
PO-XXX
Estradas convencionais. A velocidade máxima é de 90 km/h. Segundo o catálogo oficial de sinais, poden ser de primeiro, segundo ou terceiro nivel, e identifícanse coas cores laranxa, marrón e amarelo. Sinalízanse coas sinais de identificación de estradas S-430, S-440, S-450, S-572 e S-575. A cor verde xa non está recollida aínda que pode estar presente nas estradas.[1]
 
Estrada AC-409 cun sinal de fito quilométrico en cor verde que xa non está recollido no catálogo oficial e debería substituírse por un sinal S-572 en cor marrón.

Catálogo de estradas

editar

O catálogo da Rede Autonómica de Estrada de Galicia recolle as estradas de titularidade da Comunidade Autónoma xunto con datos e información sobre as características da vía e está dispoñible para a súa consulta pública.[2]

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar

 
 Este artigo sobre estradas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

  1. 1,0 1,1 "BOE-A-2003-23514 Real Decreto 1428/2003 Reglamento General de Circulación". www.boe.es (en castelán). Consultado o 2025-04-24. 
  2. "Catálogo da RAEG - Portal Conselleria9 - Liferay". Portal Conselleria9. Consultado o 2025-04-24.