PO-550
A PO-550 é a estrada da rede primaria básica da Xunta de Galicia que vai de Cambados á Lanzada, no norte do concello de Sanxenxo. Foi creada en 1986 logo da fragmentación da C-550, que percorría a costa galega das Rías Baixas. Forma parte da rede primaria básica, sendo unha peza fundamental da mobilidade da zona.
PO-550 | |
---|---|
Tipoloxía | estrada convencional |
Rede | Rede de estradas de Galicia |
Dimensións | |
Lonxitude | 14,51 km |
Localización | |
Inicio | Cacabelos, Cambados VG-4.2 VG-4.3 PO-300 |
Fin | A Lanzada, Sanxenxo PO-308 |
PercorridoEditar
A estrada nace ao leste da vila de Cambados, na rotonda que a une coas vías rápidas VG-4.2 e VG-4.3 e mais coa estrada PO-300. Cruza o río Umia a través dunha ponte e diríxese cara a Dena, unha parroquia destacable pola súa industria. Segue ata Vilalonga, xa en Sanxenxo, núcleo tamén de certa entidade, onde conflúe coa PO-504, que vén dende a capital municipal. Unha vez que se sae desta vila, e deixando atrás unhas pronunciadas curvas, vai para Noalla, cunha considerable densidade urbana. Finalmente, chega ás proximidades da praia da Lanzada onde se cruza coa PO-308 e a PO-316, constituíndo esta última o único acceso terrestre ao Grove.