Vilanova de Arousa
Coordenadas: 42°33′43.40″N 08°49′36″O / 42.5620556, -8.82667
Vilanova de Arousa é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo o IGE, en 2016 tiña 10.406 habitantes, dos que 5.304 eran mulleres e 5.102 eran homes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «vilanovés» ou «arousán».
Vilanova de Arousa | |
---|---|
![]() Casa do concello. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | vilanovés - arousán |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Pontevedra |
Comarca | Comarca do Salnés |
Poboación | 10.240 hab. (2022)[2][3] |
Área | 33,7 km²[3] |
Densidade | 303,86 hab./km² |
Entidades de poboación | 6 parroquias[4] |
Política (2019[5]) | |
Alcalde | Gonzalo Durán (PPdeG[6]) |
Concelleiros | BNG: 1 PPdeG: 10 PSdeG-PSOE: 5 Outros: Gañemos Vilanova de Arousa 1 |
Eleccións municipais en Vilanova de Arousa | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 57,05% |
Na rede | |
http://www.vilanovadearousa.com (en castelán) | |
[ editar datos en Wikidata ] |
PoboaciónEditar

Fonte: Instituto Nacional de Estadística 1857-2011
Evolución da poboación de Vilanova de Arousa Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 |
6.817 | 8.614 | 11.277 | 15.282 | 10.421 | 10.719 | 10.614 | 10.590 | 10.502 | 10.459 | 10.422 | 10.406 | 10.352 | {{{15}}} | {{{16}}} | {{{17}}} | |
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
HistoriaEditar
Atópanse restos paleolíticos na praia das Sinas e achados da Idade de Bronce en Tremoedo e Baión. Ademais hai restos castrexos en Baión, existen referencias escritas ao chamado Castro Lupus, que se cre que estaba no monte Lobeira, e hai unha ponte romana coñecida como a "ponte dos padriños", en Ponte Arnelas. Consérvase tamén un pequeno tesouro de 717 moedas atopado en Tremoedo.
A fundación de Vilanova de Arousa data do século VII, cando foi construído o mosteiro de Calogo, do que aínda se conserva a torre do campanario. A vila foi queimada polas incursións normandas da Idade Media, que cobizaban os tesouros da Catedral de Santiago de Compostela.
No século VI, durante a expansión do cristianismo nestas terras, estableceuse unha organización baseada na división en parroquias. Estas son, dentro de Vilanova de Arousa, as de András, Baión, Caleiro, Deiro, Tremoedo e Vilanova. A fundación do mosteiro de Calogo en Vilanova de Arousa, atribuída a San Froitoso no século VII, e a presenza do Castelo de Lobeira, son unha proba da expansión do cristianismo e da necesidade de defender Compostela das incursións estranxeiras, especialmente dos normandos, e de resgardar unhas terras de importancia económica pola explotación mariña e a produción de sal.
Xa entrado o século XII, as posesións da mitra compostelá aumentan, achándose entre elas as igrexas de Baión, Santa María de Caleiro co seu casarío e parte de Deiro.
Entre as torres e pazos de Vilanova de Arousa cómpre citar os sitos en Baión (pazos de Fontán e do Cabido) e na vila (torre de Calago, pazo do marqués de Bolaños -convertido en fábrica de salgadura- e pazo do Cuadrante -casa natal de Ramón María del Valle-Inclán e hoxe en día casa museo). Da fortaleza da rúa Nova, en András, do século XIV, apenas fica unha torre e o pazo construído máis tarde nas súas terras. A orixe deste pazo remóntase ó 1738 e foi levantado por Miguel Inclán Santos, de familia vilanovesa de tradición mariñeira, tras regresar enriquecido de América, e cuxa continuidade asegurou no 1751 coa fundación dun vínculo e morgado que lle transferiu á súa irmá, Antonia de Inclán, casada con Pablo del Valle.
No ano 1996 o concello da Illa de Arousa escindiuse do de Vilanova de Arousa, pasando a ter a Illa 15.198 habitantes e Vilanova 10.431.
RecursosEditar
Vilanova ten un litoral costeiro de 20 km e atópase fronte á Illa de Arousa. En canto á importancia de Vilanova como porto pesqueiro, no século XVI abastecía de peixe a Castela e as súas ostras escabechadas eran moi estimadas [Cómpre referencia]. A chegada de cataláns con novas técnicas de aproveitamento dos recursos marítimos orixinou a creación de fábricas de salgado que foron as precursoras das industrias conserveiras actuais, numerosas en toda a comarca e importante fonte de riqueza.
Vilanova de Arousa pertence ó val do Salnés, de cuxa riqueza agrícola dan fe numerosas crónicas dende a Idade Media. Vilanova forma parte do territorio da Denominación de Orixe Rías Baixas, viño que é producido por numerosas adegas no concello. Destaca pola súa extensión o Pazo Baión.
CulturaEditar
ArquitecturaEditar
- Casa natal de Valle-Inclán, do século XVI, declarada Monumento Histórico-Artístico.
- Casa natal dos irmáns Camba, Julio e Francisco, en Vilamaior.
- Pazo da rúa Nova en András.
- Torre de Miranda, en Caleiro.
- Igrexa de Santa María de Caleiro, de orixe románica e que conserva elementos da fábrica medieval (ábsida, canzorros...).
Vilanova na literatura popularEditar
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Vilanova de Arousa.
Desembocadura do río Currás.
ParroquiasEditar
Lugares de Vilanova de ArousaEditar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Vilanova de Arousa vexa: Lugares de Vilanova de Arousa.
NotasEditar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Vilanova de Arousa".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ "Resultados eleccións 2019". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 05 de xuño de 2019.
- ↑ Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Vilanova de Arousa". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ O Monte Lobeira está situado na parroquia de András. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 177. No texto: Ahí, ven, pol-o.
- ↑ Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 177.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vilanova de Arousa |
BibliografíaEditar
- Vila Fariña, Xosé Lois. Historia municipal de Vilanova de Arousa, 1835-1945, 2007. Deputación de Pontevedra. ISBN 978-84-8457-294-7.
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Asociación Cultural Amigos de Valle-Inclán, dedicada a investigación da vida e obra de Valle-Inclán.
- Concello de Vilanova de Arousa. (en castelán)