Zacande, Nogueira, Meis

lugar da parroquia de Nogueira, no concello de Meis

Zacande é un lugar da parroquia de parroquia de San Vicenzo de Nogueira, no oeste do concello pontevedrés de Meis. Segundo o IGE en 2016 tiña 106 habitantes (55 mulleres e 51 homes), seis menos ca en 2010 e catorce menos ca en 2005. A aldea está atravesada pola estrada PO-300.

Zacande
ParroquiaNogueira
ConcelloMeis
Coordenadas42°30′58″N 8°43′13″O / 42.516165, -8.720165Coordenadas: 42°30′58″N 8°43′13″O / 42.516165, -8.720165
Poboación106 hab. (2016)
editar datos en Wikidata ]

Cultura editar

O equipo de fútbol local, o Zacande Fútbol Club, xoga na Terceira División Rexional galega.

Ten sona na bisbarra do Salnés por organizaren unha capea tras das festas locais (Festa do Carme), que ten lugar os días 20, 21 e 22 de agosto. Segundo os medios de comunicación, na edición do 2007 asistiron unhas 2.500 persoas ao espectáculo [Cómpre referencia]. O 15 do mesmo mes, antes de comenzaren as festas, celébrase a festa gastronómica do poldro, na que se ofrecen racións de carne de poldro, e a feira anual do cabalo.

O que foi alcalde de Meis durante 5 lexislaturas co PPdG, Jorge Casal Pintos, entre 1979 e 1999, é orixinario desta aldea.

Lugares e parroquias editar

Lugares de Nogueira editar

Lugares da parroquia de Nogueira no concello de Meis (Pontevedra)

Caticovas | A Centinela | O Cruceiro | Fondo de Vila | Grela | Lomba | Monte de Casa | O Mosteiro | Paiendes | Penente | A Pubuxeira | Quintáns | Rochela | Santín | A Sobreira | Tallón | Veiga da Vila | Zacande

Parroquias de Meis editar

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Meis

A Armenteira (Santa María) | Meis (San Salvador) | Nogueira (San Vicente) | Paradela (Santa María) | San Lourenzo de Nogueira (San Lourenzo) | San Martiño de Meis (San Martiño) | San Tomé de Nogueira (San Tomé)