Ribadumia
Ribadumia é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo o IGE en 2015 tiña 5.087 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «ribadumiense».
Ribadumia | |
---|---|
![]() Casa do concello. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | ribadumiense |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Pontevedra |
Comarca | Comarca do Salnés |
Poboación | 5.193 hab. (2022)[2][3] |
Área | 19,7 km²[3] |
Densidade | 263,6 hab./km² |
Entidades de poboación | 34[4] |
Capital do concello | Ribadumia |
Política (2023 [5]) | |
Alcalde | David Castro Mougán (PP[6]) |
Concelleiros | BNG: 1 PPdeG: 7 PSdeG-PSOE: 3 Outros: PX´S: 1 Somos Ribadumia: 1 |
Eleccións municipais en Ribadumia | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 67,56% |
Na rede | |
http://www.ribadumia.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía editar
En consonancia coas terras que o rodean, o relevo de Ribadumia caracterízase polo dominio da planicie, unicamente alterada en áreas montañosas, de baixa altitude. O termo incluído no val do Salnés, debe a súa orixe á combinación dunha dobre influencia tectónica e a erosión diferencial. Desta forma pódense distinguir dous bloques constitutivos fundamentais: o val do Umia e unha serie de montes que, con dirección de nordeste a suroeste, define o interfluvio deste río con Fonte Espiña, con pendentes pouco pronunciadas.
Demografía editar
Os censos rexistrados dende 1900 ata a actualidade ratifican o crecemento experimentado por Ribadumia. A poboación que sinala o último padrón municipal (2015) ascende a 5.087 persoas, cun aumento moi significativo respecto ós 3.057 que había a comezos do século XX. A evolución, lenta pero positiva, dos seus efectivos foi case constante, coa excepción daqueles momentos nos que a emigración lle afectou á maior parte do rural galego. Neste censo, non se notaron tanto os efectos das primeiras vagas con rumbo a ultramar como os daquelas que tiveron como destino as cidades máis industrializadas do ámbito galego, español e europeo. Precisamente a elas corresponden as inflexións rexistradas nos períodos 1900-10 (de 1.057 a 1.006), 1950-60 (de 3.697 a 3.441) e 1981-91 (de 4027 a 3656), aínda que esta última é maiormente atribuíble á redución da natalidade.
O crecemento natural, que era do 0,56% en 1987, comezou a cambiar de signo a finais dos 80, camiño da cifra que sitúa este indicador cun símbolo negativo (-0,22%)
Censo total | 5.087 (2015) |
---|---|
Menores de 15 anos | 843 (16.57 %) |
Entre 15 e 64 anos | 3.228 (63.45 %) |
Maiores de 65 anos | 1.016 (19.97 %) |
Patrimonio editar
Pazos editar
O pazo de Barrantes é unha casa grande, construída orixinariamente entre finais do século XV e comezos do XVI, e que sufriu dous procesos de reconstrución. Na súa leira hai un grande hórreo e unha capela.
O pazo da Pedreira foi construído durante a segunda metade do século XV, e tamén sufriu varias reformas. Na fachada principal hai unha imaxe da Virxe da Anunciación. Tamén ten capela.
O pazo do Monte foi construído no século XVIII, e na actualidade está abandonado. Tamén ten capela de seu.
O quinteiro da Cruz é orixinario de finais do século XVIII. Ten un xardín de estilo inglés con gran diversidade ornamental e áreas de produción vitivinícola. A leira conta con fontes, cruceiros, piornos, reloxos de sol e un lavadoiro.
Igrexas editar
A igrexa de San André de Barrantes, orixinaria de comezos do século XIII, conserva algún elemento románico, pero sufriu unha importante remodelación na época barroca.
A igrexa de Santa María de Besomaño, tamén de orixe románica, foi reconstruída no século XVIII.
A igrexa de San Xoán de Leiro conserva unha fiestra con arco de ferradura do período prerrománico. Foi remodelada no século XVIII.
A igrexa de San Fiz de Lois ten a súa orixe no século XII, pero foi reconstruída no século XVIII.
A igrexa de Santa Baga de Ribadumia, de orixe románica, foi remodelada a comezos do século XIX.
A igrexa de San Clemezo de Sisán, construída no século XVI, foi ampliada e remodelada no século XVII.
Festas editar
Desde 1972 celébrase a festa do viño tinto do Salnés. Desde 2002 celébrase no mes de agosto, a festa do pan do Salnés.
Deporte editar
O Ribadumia Club de Fútbol fundouse en 1959, e na tempada 2014-15 competiu en terceira división.
No ano 2006 celebrouse no concello o Campionato de España de Ciclocross.
Ribadumia na cultura popular galega editar
Galería de imaxes editar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Ribadumia.
-
Placa altimétrica de Ribadumia
-
Escola infantil de Sisán (Meaño)
-
Igrexa parroquial de Santa María de Besomaño
Parroquias editar
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Ribadumia | |
---|---|
Barrantes (Santo André) | Besomaño (Santa María) | Leiro (San Xoán) | Lois (San Fins) | Ribadumia (Santa Baia) | Sisán (San Clemenzo) |
Lugares de Ribadumia editar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Ribadumia vexa: Lugares de Ribadumia.
Notas editar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Ribadumia".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2023" (en castelán). Consultado o 21 de xuño de 2023.
- ↑ "El PSdeG gobernará sobre 1,2 millones de gallegos, el PP a 667.000, y el BNG a 360.000". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 21 de xuño de 2023.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ Fermín Bouza-Brey 1929, 172. As parroquias de San Martiño de Meis e de Santa Baia de Ribadumia son estremeiras.
- ↑ Fermín Bouza-Brey 1929, 183. Padrenda é parroquia de Meaño pero con advocación a San Martiño. San Clemenzo de Sisán é parroquia de Ribadumia.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ribadumia |
Bibliografía editar
- BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204.
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |