Semana Santa de Paradela

A Semana Santa de Paradela é unha celebración católica que ten lugar de xeito anual, na parroquia de Paradela, no concello pontevedrés de Meis. Foi declarada de interese turístico galego.

Os diferentes momentos da Paixón de Cristo, desde a entrada en Xerusalén ata a Resurrección, son representados por vecinos do concello, como actores, apoiados activamente por todo o público asistente. A Crucifixión represéntase tras un Viacrucis que sobe ata o Monte da Croa.

Procesións e actos editar

Día Actos
Domingo de Ramos
  • Procesión da Entrada Triunfal de Xesús en Xerusalén
  • Xoves Santo
  • Representación da Última Cea, lavatorio de pés, prendemento de Xesús e xuízo ante Caifás.
  • Venres Santo
  • Representación do xuízo de Xesús ante Poncio Pilatos e Herodes, flaxelación, Vía Crucis e crucifixión.
  • Representación do desencravo e descendemento de Xesús
  • Procesión do Santo Enterro
  • Domingo de Resurrección
  • Representación da Resurrección de Xesús
  • Procesión da Virxe da Asunción e o Sagrado Corazón de Xesús
  • Véxase tamén editar

    Outros artigos editar

    Ligazóns externas editar