Monte Castrove

monte na provincia de Pontevedra

Coordenadas: 42°28′57″N 8°42′09″O / 42.482372, -8.702597

O Monte Castrove é un monte galego situado na comarca de Pontevedra, que serve de límite administrativo entre os concellos de Barro, Meis, Pontevedra e Poio. Ten unha elevación de 613 metros sobre o nivel do mar dominando o interior da ría de Pontevedra.

Monte Castrove
{{{PAGENAME}}}
Vista da ría de Pontevedra dende o monte Castrove con Combarro, a illa de Tambo e Marín ao fondo.
Localización administrativa
LocalizaciónPoio, Pontevedra, Meis e Barro
Características xerais
Altitude613 m

No seu cumio están instaladas antenas de comunicacións. As súas abas están ocupadas por masas forestais de repoboación de eucalipto. Nas súas ladeiras existe un campo de golf, así como o bosque de sequoias de Poio e restos de petróglifos.[1]

  1. "Un roteiro polos petróglifos do monte Castrove". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-04-04. Consultado o 2024-05-31.