Bosque de sequoias de Poio

bosque de sequoias no monte Castrove, Poio

Coordenadas: 42°27′35″N 8°42′34″O / 42.459742493847, -8.7095651170162

Bosque de sequoias de Poio
Bosque de Colón
Figura de Protección:
Ano de constitución: 1992
Superficie:
Lexislación:
Datos de interese
País: España
Provincias: Pontevedra
Concellos: Poio
Ríos:
Picos
Direccións de interese:
Teléfonos:

O bosque de sequoias de Poio ou Bosque de Colón é un bosque de sequoias situado no monte Castrove, en San Xoán de Poio. Este bosque alberga o maior conxunto de sequoias vermellas (californianas) de Europa.[1]

O bosque foi creado en 1992 para celebrar o 500 aniversario da chegada de Cristovo Colón a América. A súa orixe tivo lugar nunha iniciativa xurdida no Congreso dos Estados Unidos, e o proxecto levouse a cabo logo de que expertos norteamericanos tomaran mostras da terra para confirmar a ideoneidade do solo para a especie. O 4 de decembro dese ano foron plantadas un total de 500 sequoias vermellas por parte da veciñanza de Poio e de persoal californiano que supervisaba o traballo. No acto estiveron presentes o daquela presidente da Xunta, Manuel Fraga, e o embaixador dos Estados Unidos de América en España, Richard Capen.

Na actualidade, a Comunidade de Montes de San Xoán de Poio é parte responsable da conservación e promoción do bosque.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. "Folleto informativo do bosque de sequoias de Poio." (PDF). Turismo de Poio. Consultado o 13/09/2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar